Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado destaca o “plus de resistencia” do PPdeG en Galicia e advirte das consecuencias de dividir o voto

29 Abr 2019

29, abril, 2019.O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou o “plus de resistencia” do PPdeG fronte ao Partido Popular no resto de España: “Sacamos 11 puntos máis que a media do noso partido en toda España e Galicia é a primeira comunidade en apoios”.

“Lamentablemente, pasou o que dixemos que podía pasar, que dividindo o voto do centro e de dereita quen gañaba era o PSOE e Pedro Sánchez”, salientou o número dous dos populares galegos, quen se referiu, ademais, a que a estratexia de Pedro Sánchez de divide e vencerás e de meter medo coa dereita radical para mobilizar ao seu electorado tivo os seus resultados nas urnas. En declaracións en diferentes emisoras radiofónicas, subliñou que máis de 120.000 votos ao centro e a dereita en Galicia non tiveron representación non Congreso e “con eses votos o PPdeG sería a primeira forza” na nosa comunidade.

 

Un dato significativo, dixo, é que Galicia foi a única comunidade autónoma na que VOX non conseguiu escanos e que tivo a metade da porcentaxe de voto que no resto de España; e onde o PP obtivo 7 escanos máis que Ciudadanos. “Dixemos que non había cabida para VOX en Galicia e non a houbo”, sostivo, tras recordar que os 85.000 votos a esta formación non obtiveron escano.

 

TRABALLAR PARA SER ALTERNATIVA

De cara as próximas eleccións municipais, o secretario xeral dos populares galegos indicou que “temos a obriga de recuperarnos para ser a alternativa en moitos concellos”, polo que avanzou que, desde hoxe mesmo póñense a traballar nos comicios de maio. Porque, tal e como apuntou, do que se trata é de elixir gobernos locais que lle dean estabilidade aos municipios.

 

Neste senso, engadiu que non se poden extrapolar datos duns comicios a outros, xa que responden a lóxicas políticas distintas, pero si que se pode sacar unha lectura: “Se o centro e a dereita dividen o voto quen gaña o PSOE e a esquerda”, algo que tamén pode ocorrer nas municipais, polo que avogou por facer “autocrítica dos erros” para mellorar e recuperar así a confianza dos cidadáns. “Cando un resultado é bo, é bo para todos; e cando é malo, é malo para todos e todos somos responsables dese resultado”, recalcou o número dous do PPdeG.  

Síguenos nas redes sociais