Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular reitera á oposición que “deixen traballar e negociar á Xunta e acepten que se lles caeu o telderete que montaron para desprestixiar a sanidade galega”

29 Abr 2019

Santiago, 29 de abril de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe aos grupos da oposición que “deixen traballar e negociar á Xunta e acepten que se lles caeu o telderete que vostedes, e non os profesionais, montaron para desprestixiar a sanidade galega”.

 

 

“O problema non é avaliar a falta de profesionais, senón acadar facultativos para cubrir as prazas de familia e pediatría, porque a día de hoxe resulta imposible facelo”, apuntou.

 

Aurelio Núñez lamentou que á oposición “non lle gustou que se desconvocara a folga de atención primaria, nin que se arranxara o conflito das ambulancias, nin que a Consellería de Sanidade comprometera a utilización inmediata de 3,5 millóns de euros en persoal, logo da aprobación no Consello da Xunta do anteproxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias que permitirá utilizar o superávit de Galicia nese sentido”.

 

“Mentres se falaba de novas prazas, novos investimentos en tecnoloxía, material e construción; ampliación e mellora de centros de saúde; se negociaban as convocatorias doutras categorías profesionais; e se convocaba unha nova mesa sectorial extraordinaria para esta mesma semana; o BNG sorprendía coa súa falta de coherencia ao presentar esta iniciativa parlamentaria sobre a mellora na atención primaria”, indicou.

Síguenos nas redes sociais