Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG salienta a creación en Galicia de 13 empresas cada día durante o primeiro trimestre de 2019

30 Abr 2019

Santiago, 30 de abril de 2019.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe no Pleno do Parlamento que, logo da aprobación da Lei de fomento de implantación de medidas empresariais en outubro de 2017, “durante o pasado ano se puxeron en marcha máis de 11 compañías en Galicia cada día, unha cifra que subiu a 13 durante o primeiro trimestre do presente ano”.

“Se a política industrial do Goberno central socialista se parecese á política industrial do Goberno galego, Ence e Alcoa non estarían na situación na que se atopan”, asegurou.

 

Sandra Vázquez lembrou que a Lei de fomento de implantación de empresas “tiña tres obxectivos principais: facilitar a venda de solo empresarial, simplificar os trámites administrativos e implantar bonificacións empresariais para os proxectos industriais”. “Os grupos da oposición votaron en contra desta lei e agora, como ven que os resultados son satisfactorios, piden informes”, sinalou.

 

Na súa intervención, a deputada popular explicou que a través desta lei creáronse os concellos emprendedores para impulsar o fortalecemento do tecido empresarial en Galicia “e na actualidade existen 121 concellos emprendedores de todas as cores políticas”.

 

Vázquez subliñou que o pasado ano puxéronse en marcha en Galicia 4.049 sociedades empresariais e durante o primeiro trimestre deste ano outras 1.139. “A estas empresas sumáronse as que decidiron trasladar a súa sede social a Galicia desde outras comunidades autónomas, que só durante o primeiro trimestre deste ano foron 158”, indicou.

 

“Polo tanto, están a cumprirse os obxectivos que a Xunta fixou cando puxo en marcha a lei de implantación de iniciativas empresariais, que se traduce nunha baixada do paro en Galicia e os mellores resultados nunha EPA do primeiro trimestre da última década”, manifestou.

Síguenos nas redes sociais