Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento esixe a Naturgy que garanta carga de traballo suficiente para o mantemento da empresa Unitono en Ourense

30 Abr 2019

Santiago, 30 de abril de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción acordada entre o Grupo Popular, Grupo Socialista e BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a esixir a Gas Natural Fernosa-Naturgy que garanta a carga de traballo necesaria para o mantemento da empresa Unitono no Parque Tecnolóxico de Ourense e dos postos de traballo actualmente existentes.

Así mesmo, demándase a constitución dunha mesa de traballo plural, na que se garanta a representación do Comité de Empresa, coa finalidade de desenvolver as actuacións necesarias para asegurar a carga de traballo necesaria para manter a actividade e os postos de traballo nesta empresa, evitando deste xeito a súa deslocalización.

 

Así mesmo, a proposición non de lei incorpora a demanda á Xunta para que presente no actual período de sesións un estudo onde se analice a situación do sector dos centros de chamadas, así como as necesidades para garantir a súa viabilidade, o seu futuro e o emprego en Galicia.

 

A deputada popular Marta Nóvoa amosou “o pesar pola situación que está atravesando a empresa de telemárketing Unitono, que afecta a 130 traballadores do concello de San Cibrao das Viñas e tamén dos arredores, principalmente mulleres, case todos indefinidos, moi solventes e cualificados”.  “Ademais, poden asumir maior carga de traballo no caso de que fose necesario, polo que non se entende o motivo deste proceso de deslocalización oculto que quere facer a empresa”, apuntou.

 

Diante desta situación, Marta Nóvoa puxo en valor “a axilidade coa que se está a tratar este conflito desde todas as administracións, tanto concellos dos traballadores afectados, como a Deputación Provincial e a propia Xunta de Galicia, que recibiu a través da directora xeral de Emprego tan só unha semana despois da denuncia do conflito”.

 

Neste sentido, incidiu na necesidade de “constituír unha mesa de traballo na que estean presentes a administración, a empresa e o Comité de Empresa, pero sen representantes políticos”.

Síguenos nas redes sociais