Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Paula Prado afirma que a nova lei de administración dixital facilitará unha xestión máis eficaz, eficiente, ordenada, transparente e de calidade

27 Mai 2019

Santiago, 27 de maio de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou hoxe que a nova lei de administración dixital de Galicia, que mañá se debate na súa totalidade no Pleno do Parlamento, “é a peza que faltaba para conseguir a reforma integral da administración pública galega e facela máis eficaz, máis eficiente, máis ordenada, máis transparente, de máis calidade e totalmente dixitalizada”.

 

Paula Prado lembrou que esta nova lei, que vén respaldada por todas as organizacións sindicais  presentes na Mesa de Persoal da Xunta, permitirá consolidar unha administración galega totalmente dixital e universalizar o uso e acceso da cidadanía aos servizos públicos dixitais.

 

AFECCIÓN ESPECIAL AO PORTO DE VIGO

 

Así mesmo, Prado indicou que o Grupo Popular defenderá no Pleno que se celebra mañá e o mércores dúas proposicións non de lei. “A través da primeira solicitamos ao Goberno do Estado que non aplique a instrución ditada que impón novas trabas administrativas ás importacións de pesca conxelada ou procesada”, explicou. Neste sentido, apuntou que esta medida “está a afectar especialmente ao porto de Vigo, paralizando contedores e desviando mercancía cada ao porto portugués de Leixoes”.

 

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que se manteña en Galicia a condición de familia numerosa de tipo especial mentres un dos fillos cumpra as condicións de idade, convivencia e dependencia dos pais que esixe a lei, tal e como se recolle nas últimas sentenzas xudiciais e de acordo coa recomendación emitida polo Defensor del Pueblo.

 

“Neste momento, e logo da reforma lexislativa realizada en 2015 para seguir mantendo os efectos de título oficial de familia numerosa cando os irmáns maiores van deixando de cumprir os requisitos, aínda se mantén unha interpretación restritiva por parte do Goberno central que priva ás familias do recoñecemento de familia numerosa de categoría especial”, sinalou a viceportavoz popular.

Síguenos nas redes sociais