Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que o novo Plan de atención primaria executará o 40% das 200 medidas previstas nun prazo de seis meses

28 Mai 2019
Santiago, 28 de maio de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, demandou hoxe no Pleno do Parlamento aos grupos da oposición que “se deixen de lerias, traballen e axuden para mellorar a atención primaria en Galicia”.
Neste sentido, salientou que o novo Plan galego de atención primaria, apoiado pola gran maioría dos colectivos profesionais, incorpora 200 accións, das cales o 40 por cento se poñerán en marcha en seis meses, cunha dotación económica de 102 millóns de euros e a creación de 331 novas prazas de profesionais sanitarios.
 
 

 

No debate de sendas proposicións de lei dos grupos parlamentarios do BNG e PSOE, Aurelio Núñez dixo que “piden unha modificación orzamentaria de 273 millóns de euros para arranxar os problemas da atención primaria galega e incrementar os profesionais para acabar coa masificación de cotas, pero non explican de onde van sacar os médicos para ese incremento de profesionais, nin tampouco para a cobertura do 100 por cento das baixas”.
 
 

 

“Coñecen perfectamente que a Consellería de Sanidade ten tomado medidas neste eido e ten aberta unha negociación cos colectivos profesionais e sindicatos, que estudará no seo do Consello Técnico Asesor, recentemente constituído”, apuntou.
 
 

 

O portavoz popular manifestou que “hoxe a Comunidade galega conta con 348 millóns de euros máis de gasto sanitario que en 2008, situando a porcentaxe respecto do orzamento total no 40,5 por cento, fronte ao 33 por cento daquel ano”.
 
 

 

PLAN SERIO, COHERENTE E AXEITADO
 
 

 

Aurelio Núñez subliñou que o novo Plan galego de atención primaria, apoiado por colectivos profesionais, sindicatos, asociacións de pacientes, colexios profesionais e sociedades científicas, incorpora 200 accións cunha dotación orzamentaria de 102 millóns de euros, procedentes do superávit da Comunidade galega. “Trátase dun plan serio, coherente e axeitado ás necesidades da atención primaria galega, con medidas para reorganizar o servizo, incrementar a estabilidade dos profesionais, desburocratizar o seu traballo diario e, ao mesmo tempo, incrementar a coordinación entre os niveis asistenciais”, asegurou.
 
 


“Espero que os grupos da oposición, en especial os socialistas, colaboren coa Consellería de Sanidade para que o Goberno do Estado autorice o incremento do número de prazas MIR, a homologación de profesionais extracomunitarios e calquera outra medida que axude a paliar o déficit de profesionais que hoxe en día teñen os sistemas de saúde das distintas comunidades autónomas”, indicou. Deste xeito, incidiu que “o compromiso do Goberno galego é ofertar o 100 por cento das prazas acreditadas nas especialidades de familia e pediatría que se habiliten”.

Síguenos nas redes sociais