Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular demanda que a Xunta convoque o grupo de traballo de emerxencias unha vez se constitúan as novas corporacións locais e a Fegamp

04 Xun 2019

Santiago, 4 de xuño de 2019.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira demandou hoxe que a Xunta convoque o grupo de traballo de emerxencias unha vez se constitúan as novas corporacións locais e a dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para acordar a sede dos novos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) atendendo ao mapa de isocronas existente.

 

 

Jacobo Moreira lembrou que a Comisión Galega de Protección Civil acordou por unanimidade no ano 2017 a creación dun grupo de traballo de emerxencias, con representantes das administracións autonómica, provincial e municipal. “Entre as funcións deste grupo atópase chegar a acordos para avanzar na implantación dun modelo que mellore a cobertura na atención ás emerxencias en Galicia e, en concreto, acordouse por unanimidade a continuidade dos GES e a súa ampliación para dar cobertura a áreas nas que a isocrona actual é superior aos 20 minutos”, sinalou.

 

CUBRIR AS ZONAS CON PEOR COBERTURA

 

“A decisión respecto das sedes destes novos servizos non debe ser de xeito unilateral pola Xunta, senón que debe ser adoptada no seno deste grupo de traballo tendo en conta o estudo de isócronas e comprobando cales son as zonas con peor cobertura e a poboación afectada”, explicou.

 

O deputado popular manifestou que “a xuntanza deste grupo de traballo está pendente como consecuencia da celebración das eleccións municipais, que poderán supoñer cambios tanto na Fegamp como nas deputacións provinciais e nos concellos, polo que está previsto que a reunión se celebre unha vez estean constituídas as novas corporacións e actualizados os nomeamentos”.

Síguenos nas redes sociais