Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que nos últimos 10 anos incrementáronse 20 prazas de auxiliar de enfermería e 8 de celadores no Hospital do Salnés

05 Xun 2019

Santiago, 5 de xuño de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, salientou hoxe no Parlamento que “nos últimos dez anos incrementáronse 20 prazas de técnicos en coidados auxiliares de enfermería e outras 8 de celadores no Hospital do Salnés, a pesar das dificultades económicas que atravesou Galicia neste período”. “O número de efectivos destas categorías, como de calquera outra, é incrementado cando as necesidades asistenciais así o demandan”, apuntou.

 

 

Aurelio Núñez lembrou que o número de técnicos en coidados auxiliares de enfermería no Hospital do Salnés pasou de 45 no ano da súa inauguración en 2001, a 53 en 2006 e na actualidade a 77, “unha cifra que está por enriba das ratios establecidas en función da actividade deste colectivo”.

 

INCORPORACIÓN DE CELADORES

 

No que respecta á categoría de celador, o portavoz popular sinalou que o Hospital do Salnés “foi dos primeiros en Galicia que comezou a vincular esta categoría profesional en 2009, incorporando a 18 persoas nese ano que fóronse incrementando progresivamente ata chegar aos 26 profesionais na actualidade”.

 

“Ademais, o Sergas comezou entre os anos 2017 e 2018 un proceso de estabilización de diferentes categorías profesionais, entre as que se atopa a de celador que, no caso do Hospital do Salnés supuxo que se estabilizaran 14 das 26 prazas existentes”, engadiu.

 

Respecto da solicitude do BNG para que este persoal dependa da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés co nomeamento dunha persoa responsable no propio Hospital, Núñez Centeno afirmou que “considérase moito máis oportuno que os problemas do día a día que se presentan a estes profesionais sexan abordados no ámbito do propio Hospital do Salnés, antes que a distancia desde Pontevedra”.

 

“A persoa responsable no propio Hospital do Salnés xa está nomeada: trátase  da supervisora de enfermería, que xestiona de xeito máis próximo as situacións ou eivas deste colectivo”, concretou.

Síguenos nas redes sociais