Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular salienta que o persoal no Hospital de Verín se incrementou un 38% nos últimos dez anos

05 Xun 2019

Santiago, 5 de xuño de 2019.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo salientou hoxe que “o cadro de persoal do Hospital de Verín incrementouse nos últimos dez anos un 38 por cento, pasando de 154 a 213 traballadores, ao tempo que se ampliou a súa carteira de servizos con consultas de cardioloxía, neuroloxía, reumatoloxía, dixestivo, endocrinoloxía e oncoloxía médica”.

 

 

Marta Rodríguez-Vispo manifestou que “a plantilla deste hospital está perfectamente adecuada ás necesidades asistenciais, considerando unha ocupación media durante a maior parte do ano do 70 por cento”. “Sempre que a demanda asistencial o esixa, se reforza o persoal de enfermería, auxiliares e celadores, como o demostra o feito da apertura temporal dunha unidade de hospitalización durante o último pico de gripe”.

 

UN DOS MELLORES RESULTADOS

 

En concreto, respecto do servizo de anestesistas, a deputada popular afirmou que “a continuidade asistencial está garantida en todo momento coa presenza de especialistas contratados polo propio Hospital de Verín, co apoio do Servizo de Anestesia e Reanimación”. Deste xeito, asegurou que “a calidade do servizo de anestesia deste hospital, xunto cos demais servizos cirúrxicos, permite que este centro presente un dos mellores resultados en canto á lista de espera cirúrxica de todos os hospitais do Sergas”.

 

En relación coa situación dos profesionais de enfermería, Rodríguez-Vispo criticou que En Marea “non se axuste á realidade dicindo que só queda unha enfermeira na quenda de noite para as 30 camas”. “Cando existe esa ocupación, o número de enfermeiras traballando é de dúas por unidade de hospitalización, é dicir, catro enfermeira, ademais doutros tres auxiliares de enfermería, co que está plenamente garantida a calidade asistencial”, explicou.

Síguenos nas redes sociais