Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego insta á Xunta a elaborar e remitir á Cámara nesta lexislatura o Plan de Arquivos

07 Xun 2019

Santiago, 7 de xuño de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a remitir a esta Cámara antes de finalizar a actual lexislatura o Plan de Arquivos, previsto la Lei 7/214 de arquivos e documentos de Galicia.

 

 

Este plan incorporará a avaliación das necesidades de persoal e de infraestruturas destas instalacións en Galicia; a súa configuración, organización, integración, servizo e difusión; a incorporación da perspectiva de xénero de maneira transversal; medidas encamiñadas ao uso non sexista da linguaxe; e a planificación temporal para desenvolver as medidas e os compromisos orzamentarios para implementar todas estas accións.

 

O deputado Carlos Gómez Salgado lembrou que no día de hoxe celébrase o Día Mundial dos Arquivos e subliñou que os arquivos de Galicia “son unha institución imprescindible polo labor que levan a cabo como garantes da conservación do patrimonio documental e histórico galego, como soporte para a propia actividade administrativa e como recursos de información de utilidade para a sociedade”.

 

MEDIDAS DE IMPULSO

 

“A Xunta leva demostrando este compromiso con medidas como o impulso da redacción e aprobación en 2014 da primeira lei de arquivos de Galicia, e creando dous consellos superiores que desenvolven o previsto nesta Lei: o Consello de Arquivos de Galicia e o Consello de Avaliación Documental de Galicia”, concretou.

 

Así mesmo, engadiu a creación en 2010 do Arquivo de Galicia, como cabeceira e centro de referencia do sistema de arquivos de Galicia; e do Arquivo Dixital de Galicia, unha nova estrutura tecnolóxica e organizativa que da soporte ao modelo de xestión de documentos electrónicos.

 

Carlos Gómez indicou que, en cumprimento da Lei de Arquivos e Documentos de Galicia, “o Goberno galego xa puxo en marcha a elaboración do Plan de Arquivos coa creación dun grupo de traballo encargado de establecer as liñas de actuación e as prioridades para incorporar a este documento, que deberá ser elaborado e consensuado desde o conxunto da estrutura da Administración autonómica”.

Síguenos nas redes sociais