Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Feijóo avanza unha reacción galega no PPdeG para continuar sendo un partido de maiorías, de goberno e gañador

22 Xun 2019

22, xuño, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou “unha reacción galega no Partido Popular” en todos os ámbitos, non só no local e autonómico, senón tamén no das políticas e no da xestión.

“Imos reaccionar, non só para manter a nosa primeira posición, senón tamén para ser a casa común para a maioría dos galegos que nos ven como un punto de encontro”, dixo Feijóo, quen salientou que o PPdeG non vai quedar quieto ante a perda de apoios nin se vai dar por satisfeito por unha notable melloría nos resultados entre as Xerais e as Municipais, nin tampouco vai caer en euforias inxustificadas polo número de alcaldes acadados: “Non dar nada por perdido nin por gañado nin caer na satisfacción. Reacción”.

 

Asegurou que calquera do resto de partidos quererían para si o resultado do PPdeG. Neste senso, Feijóo incidiu na importancia de, aínda sendo o primeiro partido de Galicia, esixirse máis, facer autocrítica, ser inconformistas e intentar mellorar.

 

O PRIMEIRO PARTIDO DE GALICIA

“Somos o primeiro partido de Galicia”, remarcou o líder dos populares galegos, quen recordou que a nosa foi unha das tres únicas Comunidades autónomas nas que o PP gañou en toda España nas pasadas Municipais. Así, apuntou que o PPdeG gañou en máis da metade dos concellos galegos, en tres das catro provincias e en tres cidades.

 

Feijóo, que dixo que o punto de partida de cara as vindeiras eleccións Autonómicas é moi similar ao de hai catro anos -en canto ao apoio popular, ao número global de alcaldías e á presenza urbana e provincial-, avogou por non caer nin no pesimismo nin nun exceso de confianza e garantiu o compromiso de que “nos esforzaremos máis, traballaremos máis e que imos reaccionar”, porque, segundo indicou, só así será posible gañar nas vindeiras Autonómicas. 

 

UN PARTIDO DE MAIORÍAS E GAÑADOR

Fixo fincapé, tamén, en que o PPdeG é un partido de maiorías, con principios sólidos e composto de moitos cidadáns que son distintos, pero que coinciden porque é máis o que lles une que o que lles separa. Un partido que é moito máis que unha ideoloxía e unhas siglas e no que miles de cidadáns se senten reflectidos, identificados e cómodos.

 

Apuntou que en Galicia son máis os que prefiren a moderación, a estabilidade, os gobernos unidos, as políticas útiles, a xestión eficiente e responsable, a liberdade e a convivencia; do mesmo xeito que son máis os que están coa Constitución e o Estatuto de Autonomía e os que prefiren non renunciar a ningunha das nosas linguas. Por iso, para que máis galegos se sumen ao PPdeG, Feijóo avogou por estar máis na rúa e seguir explicándolle o que se fai.

 

Do mesmo xeito incidiu en que o PPdeG é “un partido gañador”, por iso, amosouse convencido de que, con implicación, actuando con xenerosidade, escoitando e estando cerca dos veciños e abrindo as portas de entrada, no 2020 virá unha gran vitoria.

 

UN PARTIDO DE GOBERNO

O presidente dos populares galegos apuntou que o PPdeG, que é un partido de goberno, non se conforma co feito ao longo destes dez anos.

 

Así, referiuse ao programa presentado, esta mesma semana, pola Xunta de Galicia e que conta con políticas e proxectos que garanten a mellor Galicia para nova década: de máis calidade, familiar, moza, innovadora e verde. Será un seguro de goberno -sostivo- para os galegos, as políticas sociais, a educación a Sanidade pública e que garante a gobernabilidade. “Un seguro -continuou- a todo risco fronte a incerteza e a inestabilidade de España”.  

Síguenos nas redes sociais