Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular afirma que o Instituto Galego de Consumo está a disposición dos afectados polo IRPH para asesoralos e informalos

10 Set 2019

 

Santiago, 10 de setembro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Cristina Romero afirmou hoxe no Parlamento que o Instituto Galego de Consumo e da Competencia “está a disposición dos consumidores galegos afectados polo índice de referencia de préstamos hipotecarios (IRPH) para asesoralos e informalos”, logo de que o avogado xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea declarara esta mañá que este índice debe estar sometido á tutela xudicial para saber se é abusivo ou non.

 

Cristina Romero explicou que este fallo “non é vinculante e agora cómpre esperar á resolución final do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que marcará finalmente se as entidades financeiras foron transparentes na comercialización deste produto”. “A partir de aí, tanto o Goberno galego como o PPdeG estarán a carón dos afectados, asesorándoos para que fagan valer os dereitos recoñecidos polo Tribunal”, apuntou.

 

ASISTENCIA FINANCEIRA NOS CONCELLOS

 

Así mesmo, a deputada popular lembrou que “a Xunta vai garantir que toda a poboación galega dispoña de servizos financeiros no seu concello” e concretou que aqueles municipios que carecen de entidade financeira non só disporán dun caixeiro automático, senón que contarán con servizo de asistencia financeira ao cidadán e formación en banca electrónica.

 

Para rematar, Romero rexeitou a proposta do BNG de “converter ao Igape nun banco público” e recordou que o apoio financeiro do Goberno galego ao tecido empresarial supuxo desde 2014 a mobilización de 1.180 millóns de euros, o impulso de máis de 10.500 proxectos e facilitar o acceso ao financiamento a 10.876 empresas e autónomos. “Unhas axudas que chegaron a todo tipo de empresas, pero de xeito maioritario a autónomos e pequenas e medianas empresas que mobilizaron máis de 1.000 millóns de euros.

Síguenos nas redes sociais