Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento demanda ao Goberno do Estado que garanta a seguridade dos pesqueiros en augas internacionais

12 Set 2019


Santiago, 12 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno do Estado, no ámbito das súas competencias, que garanta a seguridade das frotas pesqueiras españolas en augas internacionais, especialmente ante a decisión de Reino Unido de endurecer a vixilancia nas súas augas.

 

O deputado popular Alberto Pazos manifestou que “o Brexit é, sen dúbida, o desafío máis importante que a frota galega terá que afrontar nos próximos meses”, e salientou que “a Xunta está a tomar todas as medidas necesarias no ámbito das súas competencias para minimizar o impacto, converténdose na primeira rexión europea en trazar unha folla de ruta”.

 

Porén, indicou que “ao PPdeG lle gustaría que o Goberno central actuase coa mesma dilixencia e coa mesma lealdade coa que actuou a Xunta”, porque explicou que “o Goberno galego pode colaborar na busca de argumentos, pero é o Goberno de España quen ten as competencias en aspectos fundamentais”.

 

SEGURIDADE DA FROTA

 

Alberto Pazos sinalou que “un aspecto que xera especial inquedanza no sector é a seguridade da frota, sobre todo despois da decisión do Goberno británico de fletar cinco patrulleiras co propósito de vetar rotundamente o acceso a augas británicas”. “Cando un goberno anuncia que está disposto a gastar 400 millóns de euros nun escudo militar para garantir unha blindaxe das súas augas, cómpre tomar a advertencia en serio e implementar medidas preventivas para evitar conflitos innecesarios e indesexados”, apuntou.

 

Diante desta situación, o deputado popular demandou ao Goberno central “que actúe dentro das súas competencias e faga algo pola seguridade dos mariñeiros, algo máis que sacarse fotos que pouco fan pola seguridade e o seu futuro”.

Síguenos nas redes sociais