Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Parlamento galego demanda que se respecte a base do modelo de xestión no caladoiro Cantábrico-Noroeste

12 Set 2019

Santiago, 12 de setembro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que informe de calquera movemento ou cambio que se poida producir do actual modelo de xestión do caladoiro Cantábrico-Noroeste, ao mesmo tempo que se solicita que se respecte a base deste modelo, que tan bos resultados están dando para o sector pesqueiro galego.

 

A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, explicou que o 96 por cento dos buques con porto base en Galicia faenan dentro do denominado caladoiro nacional Cantábrico-Noroeste, En concreto, representa a máis de 4.250 unidades, entre barcos de artes menores, arrastreiros, palangreiros e cerqueiros, ademais doutras artes.

 

IMPORTANCIA SOCIOECONÓMICA

 

“Este feito fai especialmente relevante a súa importancia socioeconómica para a Comunidade galega, xa que estes buques son os responsable do 84,3 por cento das descargas do total da frota galega e representan un 64,2 por cento da facturación total en primeira venda”, apuntou. Ademais, o cambio de modelo de xestión interno permitiu que a frota galega que faena no caladoiro Cantábrico-Noroeste facturara un 6 por cento máis e vendera un 28 por cento máis de produto en 2017 que en 2010.

 

Teresa Egerique manifestou que “con esta tendencia evolutiva calquera cambio no modelo de actividade a realizar mediante o plan de xestión do caladoiro Cantábrico-Noroeste terá especial incidencia sobre esta frota e sobre a estrutura socioeconómica do entramado marítimo-pesqueiro galego”.

 

Así, a portavoz popular considerou que “é posible realizar melloras que permitan implantar medidas de flexibilización da xestión que leven a un mellor aproveitamento das cotas, a un maior rendemento económico e a un máis claro equilibrio e sostibilidade da frota”.

Síguenos nas redes sociais