Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular reitera a vontade e compromiso da Xunta coa construción do novo centro de saúde de Caldas

19 Set 2019

Santiago, 19 de setembro de 2019.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, reiterou hoxe no Parlamento “a vontade e o compromiso da Xunta de Galicia de construír o novo centro de saúde de Caldas de Reis e o fará no momento que o Concello lle facilite os terreos para o mesmo”.

 

Aurelio Núñez indicou que a construción deste novo centro de saúde “facilitará unha mellora dos espazos de traballo para os profesionais e a incorporación de novos servizos ou de máis profesionais, se as cifras de actividade e a dispoñibilidade de facultativos o permiten”.

 

“Todos estamos de acordo na necesidade de dotar a Caldas de Reis dun novo centro de saúde, e  o único que ten que facer o Goberno municipal socialista é poñer a disposición da Consellería un terreo que cumpra as condicións elixidas”, manifestou.

 

DÚAS PARCELAS CON INFORMES FAVORABLES

 

Neste sentido, Núñez lembrou que “a Consellería de Sanidade informou favorablemente no mes de marzo dúas parcelas e instaba ao Concello a poñer a disposición a que considerase máis axeitada para iniciar o procedemento de cesión gratuíta”. Porén, “agora o goberno municipal de BNG e socialistas ofrecen a cesión dun terreo, que xa aparecía nun panfleto preelectoral do Goberno municipal pero que non se corresponde coas informadas favorablemente polos técnicos da Consellería”.

 

“Chega con que o alcalde e o Goberno municipal se aclaren e decidan a parcela que queren entregar á Consellería, porque hai parcelas adecuadas para facer o centro de saúde”, asegurou o portavoz popular, quen demandou aos responsables municipais que “traballen, fagan os trámites administrativos e poñan a disposición da Xunta os terreos necesarios”.

Síguenos nas redes sociais