Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular defende que Galicia conta con máis medidas ca nunca para o impulso demográfico e o asentamento de poboación no rural

08 Out 2019

Santiago, 8 de outubro de 2019. A deputada popular Raquel Arias asegurou hoxe no pleno do Parlamento que “o Goberno de Feijóo é o que puxo en marcha máis medidas para o impulso demográfico en Galicia, especialmente no rural”, ata tal punto que “xa ten aprobado un anteproxecto de lei que se debaterá antes de que remate o ano na Cámara galega”.

“O primeiro texto lexislativo destas características de España”, engadiu no debate dunha iniciativa do Grupo Socialista.

 

Un compromiso co reto demográfico e o asentamento de poboación no rural que se vén traducindo nos últimos anos en medidas como as 61 casas niño que xa están funcionando ou as 30 casas do maior concedidas pola Xunta. “Iniciativas que permiten achegar servizos básicos de gardería e centro de día de balde a concellos de menos de 5.000 habitantes”, dixo Raquel Arias, quen sinalou que “o mesmo ocorre coa Red May, que leva servizos sanitarios e de atención aos maiores ao rural”.

 

UN PLUS PARA O RURAL

 

“O rural necesita un plus de atención e orzamentos”, recoñeceu a deputada, ao tempo que lembrou o anuncio realizado polo Presidente da Xunta no Debate do Estado da Autonomía sobre o incremento dun 25 por cento na Tarxeta Benvida para aquelas familias que teñan fillos no rural. “Unha medida que ningún grupo da oposición apoiou, ao igual que ocorreu coa gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo”, engadiu.

 

Do mesmo xeito, Arias destacou medidas como o programa Impostos cero no rural, único en España, do que xa se beneficiaron máis de 59.000 galegos que non pagaron impostos na adquisición ou permuta de parcelas no marco da “maior bonificación da historia para investir no rural”.
Sen esquecer que nesta lexislatura a Xunta apoiou a incorporación de 3.500 mozos á actividade agraria cun investimento de máis de 96 millóns de euros para favorecer o seu asentamento nos concellos menos habitados. Arias tamén destacou a aposta polos servizos de conectividade como a banda ancha, que a día de hoxe chega a case o 100% do territorio galego. “Cando Feijóo chegou ao goberno ao redor da metade da poboación das provincias de Lugo e Ourense non tiña cobertura”.

 

LEI DE IMPULSO DEMOGRÁFICO

 

A deputada popular lamentou que o Grupo Socialista “lle dea tan pouca importancia á demografía, presentando unha iniciativa de mínimos cando a Xunta xa ten aprobado o anteproxecto da Lei de Impulso Demográfico”. “A solución ao reto demográfico non se pode liquidar pola vía rápida como pretenderon facer hoxe os socialistas”, engadiu.

Síguenos nas redes sociais