Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Pedro Puy salienta que o teito de gasto “é unha demostración de que en Galicia si hai estabilidade, normalidade democrática e se fan as cousas ben”

09 Out 2019

Santiago, 9 de outubro de 2019.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe o teito de gasto da Xunta para 2020, fixado en 10.160 millóns de euros e que o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou de “realista, prudente e axeitado ás novas circunstancias da desaceleración económica”.

 

Neste sentido, salientou o “mérito” que ten o Goberno galego ao aprobar este teito de gasto, “nunha situación de incerteza total na que non hai noticia sobre as entregas a conta, nin das previsións económicas por parte do Goberno do Estado e existe unha incerteza sobre o pago das débedas coas comunidades”.

 

Pedro Puy subliñou que “estamos do lado de quen da un paso adiante” coa aprobación do teito de gasto para 2020, porque “é unha demostración de que en Galicia si hai estabilidade, normalidade democrática e se fan as cousas ben”. Porén, lamentou que “en fronte temos unha oposición dividida entre unha parte que quere derrogar o teito de gasto e a outra quere mantelo”.

 

O MÁIS ALTO

 

O portavoz popular salientou que “estamos a falar do teito de gasto máis alto dos que ten aprobado a Xunta de Galicia, xa que o aprobado en 2009 ascendía a 10.581 millóns de euros pero 1.600 millóns quedaron a deber e aínda os estamos pagando na actualidade”. Así mesmo, destacou que desde o ano 2015, cando se rexistrou o teito de gasto máis baixo fixado en 8.436 millóns de euros, se ten incrementado o importe en 1.724 millóns.

 

Respecto da previsión de ingresos recollida no teito de gasto, Puy sinalou que a previsión de crecemento estimada sitúase por baixo das previsións da AIReF; a recadación do ano 2018 permite contar con liquidacións positivas por 300 millóns de euros; e os tributos cedidos e propios manteñen unha magnitude semellante ao actual exercicio.

 

Pedro Puy subliñou, ademais, que “practicamente non hai incremento de débeda no teito de gasto, respectando o escenario de déficit que manda Europa e o Goberno socialista”. “Non resulta coherente que a oposición critique o endebedamento que hai en Galicia, cando sería moito máis se atendéramos as súas demandas no Parlamento”, dixo.

 

Síguenos nas redes sociais