Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O Grupo Popular critica que a oposición rompa o consenso unánime acadado en xuño respecto do depósito dos lodos da dragaxe do río Lérez

11 Out 2019

Santiago, 11 de outubro de 2019.- O deputado do Grupo Popular criticou hoxe “a viraxe” dos grupos da oposición respecto do depósito dos lodos da dragaxe do río Lérez “ao rexeitar esta mañá en Comisión o texto da proposición non de lei aprobado por unanimidade nun Pleno do Parlamento no mes de xuño e que demandaba á Xunta a elaboración, conforme á normativa vixente e ás directrices existentes respecto deste tipo de actuacións, dunha proposta alternativa e sustentable para o depósito de materiais procedentes do dragado do río Lérez, de tal forma que se garante que estes non afectarán a ningunha das rías galegas, en especial á ría de Arousa”.

 

 

Jacobo Moreira lamentou que a oposición “estea a xerar unha alarma inxustificada dunha cuestión que non comezou porque nin tan sequera está autorizada, nin pola Xunta nin polo Goberno central”. Neste sentido, lembrou que a Consellería “xa ten anunciado que non vai facer nada que non teña todos os informes ambientais favorables necesarios”.

FUNDAMENTALMENTE AREAS A ÁRIDOS

Así mesmo, explicou que “todos os informes técnicos realizados ata o momento revelaron que os materiais procedentes da dragaxe do río Lérez son fundamentalmente areas e áridos, en ningún caso residuos industriais, polo que se poden verter directamente ao mar”. O deputado popular criticou que os grupos da oposición “non respecten os acordos adoptados neste Parlamento, incluso en sesión plenaria e por unanimidade, nin tan sequera aceptaron unha votación por puntos da iniciativa do Grupo Común da Esquerda”, e demandou que “se deixe traballar aos técnicos porque non se vai facer nada que incumpra a legalidade nin prexudique ao noso medio ambiente ou ao sector do mar”.

Síguenos nas redes sociais