Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

O PPdeG asegura que os parques eólicos de Serra das Penas e de Paradela compren a lexislación vixente

18 Out 2019

Santiago, 17 de outubro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez Barreira asegurou hoxe no Parlamento galego que os parques eólicos de Serra das Penas e de Paradela “compren coa lexislación vixente e foron autorizados hai 12 anos polo Goberno bipartito logo da tramitación administrativa necesaria para proceder á súa construción”.

 

Julia Rodríguez concretou que “toda a tramitación destes parques eólicos, desde a autorización das instalacións electromecánicas, o proxecto de execución, a declaración de utilidade pública e a súa condición de instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica, foi feita polo goberno bipartito de PSOE e BNG”.

 

Neste sentido, demandou aos grupos da oposición “respecto polo traballo dos técnicos e dos funcionarios autonómicos, que supervisan e verifican o cumprimento da lexislación vixente e que informaron favorablemente estes proxectos antes de acadar a autorización administrativa”.

 

CONTRADICIÓN PERMANENTE

 

A deputada popular criticou á oposición que “non se pode vivir na contradición permanente, porque mentres cunha man collen a bandeira verde para pedir o uso de fontes de enerxía renovables, coa outra atacan sistematicamente calquera proxecto eólico que se queira implantar”.

 

“Deste xeito estanse opoñendo á creación de riqueza e emprego en Galicia”, sinalou Julia Rodríguez, quen salientou que neste momento “estanse a construír na Comunidade galega 18 parques eólicos, cun investimento de 470 millóns de euros e unha previsión de crear 5.000 empregos, entre a súa construción e o seu mantemento posterior”.

Síguenos nas redes sociais