Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Tellado repróchalle á esquerda que o seu modelo económico “é o peche de empresas”

22 Out 2019

Santiago, 22 de outubro de 2019.-  O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, lamentou este martes no Parlamento que o modelo económico que defenden os grupos de esquerdas sexa “o peche de empresas” e lembrou casos como o das centrais térmicas, a factoría de ENCE ou Reganosa. “Neste Parlamento só defendemos aos traballadores os que avogamos polo mantemento dos postos de traballo”, incidiu.

 

Así, subliñou o carácter partidista da iniciativa do Grupo Común da Esquerda, que ten como único fin “meterlle o dedo no ollo ao PSOE”. “Pedro Sánchez prometeu que o primeiro que ía facer ao chegar ao Goberno sería derrogar a reforma laboral do PP e agora a ministra Calviño recoñece que iso non sería produtivo para o emprego”, lembrou, para insistir en que “agora están en campaña uns contra os outros, malia que din que queren gobernar xuntos despois das eleccións”.

 

Ademais, o voceiro de Emprego e Industria lembrou que “os socialistas non poden dar moitas leccións nesta materia, xa que o último ano que gobernaron Galicia xunto cos nacionalistas destruíronse 59.000 postos de traballo, mentres que nos últimos 12 meses se crearon máis de 10.000”.

Síguenos nas redes sociais