Santiago, 7 de setembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a aprobación do proxecto e execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte en Padrón.
Santiago, 28 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou a reacción dos populares galegos tralas pasadas eleccións municipais como clave da vitoria nas autonómicas xa que “o partido volveu á rúa”. Así remarcou que agora volven saber conectar co que sempre aspiraron a ser: o partido que máis se parece a Galicia, galeguistas, reformistas, e comprometidos.
A Coruña, 22 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe en A Coruña votar si o vindeiro domingo ao que une á gran maioría dos galegos: estabilidade, moderación, responsabilidade, respecto, convivencia institucional, capacidade de resolución de problemas, benestar das familias e progreso para Galicia. Neste sentido, pediu o voto polo moito que se pode facer xuntos nos vindeiros catro anos, que agora por fin son de máis esperanza.
Ourense, 21 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe en Ourense que “o bloqueo político que vive España nestes momentos non tería sucedido de terse imitado máis a Galicia”, polo que propuxo “seguir sendo unha excepción de unidade, estabilidade e responsabilidade”.
O Saviñao, 21 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que, se os galegos queren, este mesmo luns comezará a lexislatura do rural, cun proxecto claro de futuro, no que avanzaremos en tres sentidos: na aposta pola calidade, na reestruturación e na diversificación. En concreto, avanzou novas axudas para mellorar a rendibilidade das pequenas explotacións lácteas, o peche da parcelaria en 132 zonas para beneficiar a 90.000 familias, garantir acceso a internet de alta velocidade ao rural galego, impulsar o aproveitamento dos bosques co novo Plan Forestal ou a apertura de 30 casas-niño nos concellos rurais para facilitar a conciliación laboral.
Lugo, 20 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto non só aos que antes votaron PP ou deixaron de facelo nalgún momento, senón tamén o dos que noutras eleccións votaron ao PSOE e a Ciudadanos.
Vigo, 20 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, puxo en valor as medidas adoptadas grazas ás que cada vez máis nenos e nenas teñen unha educación trilingüe e comprometeuse a aplicala nos próximos anos ao 100% dos ciclos de educación infantil de 3 a 6 anos e tamén á formación profesional, ampliando ao mesmo tempo os programas de estadías para a aprendizaxe de linguas estranxeiras.
Santiago, 20 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe “non quero máis líos para a miña terra” e anotou que “Galicia merece outra cousa, merece ser esa excepción en España que lle permita seguir avanzando con estabilidade, con responsabilidade e con inconformismo”. Neste sentido, afirmou que en Galicia “existe nos nosos días unha esquerda feudal que quere facernos volver ao minifundismo” e apuntou que “a orixe da suma multipartita que aspira a gobernar, ou mellor dito a desgobernar, está en pequenos cenáculos egocéntricos que invocan ao pobo co vello estilo do despotismo ilustrado: co pobo, sen o pobo”.
Ferrol, 19 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto aos galegos por todo o que nos une e non polas diferenzas que se acentúan desde as formacións políticas xa que, segundo expresou, a nosa comunidade únenos moito máis do que nos separaran as siglas ou os partidos.

Síguenos nas redes sociais