Xunqueira de Ambía, 19 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a estratexia de rehabilitación de cascos históricos que ten como obxectivo intervir en máis de 10.000 vivendas de máis de 40 zonas históricas de Galicia ata 2020. Ademais das bonificacións fiscais para compra de vivenda no rural xa anunciadas a pasada semana, este plan axilizará a obtención de licencias de obra e facilitará préstamos a interese cero a particulares para o financiamento das actuacións. Pola súa banda, a Xunta implicarase directamente coa rehabilitación de máis de 1.500 vivendas e 350 locais comerciais, ao tempo que porá a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un fondo de cooperación para que tamén rehabiliten directamente vivendas.
Lalín, 18 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que é necesario votar para que Galicia sexa a excepción positiva de España que quere unha grande maioría.
Viveiro, 17 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto a todos os que din si ás prioridades de Galicia máis aló de prexuízos, siglas, partidos e ideoloxías.
Os Peares, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe en Os Peares que durante a vindeira lexislatura “haberá impostos cero para os mozos, as familias numerosas e as persoas con discapacidade que adquiran unha vivenda habitual nun municipio de menos de 20.000 habitantes”.
Santiago, 16 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe que a Comisión Europea teña máis en conta a demografía, “un dos maiores desafíos aos que se enfronta a nosa sociedade”, á hora de asignar e executar os fondos europeos.
Ribeira, 15 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, solicitou hoxe o voto para que Galicia siga mirando cara adiante, continúe avanzando con normalidade e estabilidade, e non quede bloqueada. Neste sentido, cuestionouse se, “con todo o que é Galicia e con todo o que hai que facer, de verdade non teñen nada mellor que dicir e que propoñer os demais que a descualificación?”.
Cambados, 14 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo un goberno resolutivo que non cree problemas de bloqueos e divisións. “Este pobo non precisa de salvadores, senón de servidores que estean ao seu carón, que crean nel, que estean ao que teñen que estar e que se dediquen ao que teñen que facer, que é gobernar”, afirmou.
A Coruña, 14 de setembro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe nun acto sectorial na Coruña con autónomos, onde avanzou unha estratexia, contemplada no programa, que acompañe a estes traballadores nos vindeiros anos.
Narón, 13 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou esta tarde en Narón que “podo falar do que farei ao día seguinte das eleccións, mentres que a oposición evita falar de pactos porque repetirían en Galicia o bloqueo que vive España”. “Eu podo garantir unha Galicia sen divisións, con pluralidade e na que todos se sintan libres para sentila, falala e vivila ao seu xeito, con independencia da súa ideoloxía e pensamento”, afirmou.

Síguenos nas redes sociais