Santiago, 28 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou hoxe a designación de once portavoces de área para coordinar o traballo tanto a nivel de comisións e sesións plenarias, como coa Xunta de Galicia. Ademais, avanzou que Julia Rodríguez Barreira, pola provincia de Lugo; Carlos Gómez Salgado, Por Ourense; e Marián García Míguez, por Pontevedra, serán os deputados substitutos de Susana López Abella, Antonio Rodríguez Miranda e Nava Castro, respectivamente, recentemente nomeados para formar parte da Administración galega.
Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, marcou o calendario para a aprobación dos Orzamentos autonómicos de 2017, con dous grandes fitos: na primeira xuntanza do novo Goberno, aprobar o Proxecto de lei de teito de gasto, e no Consello do 1 de decembro, previsiblemente, dar o visto e prace ao Proxecto de lei de orzamentos, para que poida comezar a tramitarse na Cámara o antes posible.
Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Goberno galego vai implantar nos hospitais Álvaro Cunqueiro de Vigo e no Lucus Augusti de Lugo un sistema de localización e guiado de pacientes mediante unha aplicación móbil, que estará dispoñible para dispositivos que empreguen Android ou iOS de Apple.
Santiago, 27 de outubro de 2016- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento da liña de axudas ata un total de 26 millóns de euros para os mozos de entre 18 e 41 anos que queiran incorporarse á actividade agrogandeira. “Aumentamos en 8 millóns de euros o orzamentos desta liña e pasamos de 18 a 26 millóns de euros para que ningún dos 657 mozos que a solicitaron, e que cumpren todos os requisitos, queden sen ela”, aseverou, subliñando que grazas a este incremento –“que bateu o record”-, será o ano co maior número de solicitudes aprobadas, o que representa unha suba do 350% respecto ao 2015.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu hoxe unha rolda de prensa trala decisión de onte do presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, de aceptar o encargo do Rei de someterse a unha nova sesión de investidura unha vez que o PSOE accedeu a absterse nela.
O PPdeG leva defendendo desde 2009 esta transferencia (tanto na Comisión Mixta de Tranferencias como nas alegacións ao Plan de Infraestruturas, Transporte e Vivenda 2012-2024 e ao anteproxecto de Lei Estatal de Estradas) e figura no seu programa electoral   Santiago, 25 de outubro de 2016.- Desde o Grupo Popular continuaremos defendendo a transferencia da AP-9 a Galicia, un obxectivo de goberno que figura no programa electoral do PPdeG e que desde hai meses conta co respaldo de todos os grupos con representación no Parlamento galego. Porén, consideramos que a reunión mantida hoxe entre A Marea e BNG sobre este asunto é totalmente extemporánea, por varios motivos: 1. En primeiro lugar, a tramitación da proposición de lei aprobada polo Parlamento de Galicia continúa no Congreso dos Deputados. A única novidade é que a Mesa do Congreso solicitou novos informes logo de que o Ministerio de Fomento se opuxera a súa tramitación por razóns orzamentarias e de acordo co previsto na normativa vixente. Polo tanto, a tramitación da proposición de Lei non está paralizada ata que a Mesa do Congreso adopte a decisión definitiva. 2. O PPdeG leva defendendo de forma seria e con rigor esta transferencia, tanto no Parlamento como…
Lembra que o ictus é a segunda causa de morte en España e a primeira causa de mortalidade feminina, e subliña que no pasado ano ingresaron por este motivo preto de 4.300 persoas nos hospitais galegos O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a creación do Rexistro galego de ictus, ferramenta que permitirá seguir mellorando a eficacia e axilidade dos procedementos e protocolos de atención. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo precisou que este sistema de información recollerá, de xeito obrigatorio, todos aqueles episodios relacionados coa atención do paciente que sofre un ictus: centro que realiza a chamada, hora de inicio dos síntomas, hospital onde foi realizada a primeira atención, hora de chegada ao hospital, tipo de ictus, criterios de prioridade, administración de medicamento, hora de administración do medicamento, derivación á Unidade de Ictus para trombectomía endovascular, centro ao que se deriva ao paciente e hora de trombectomía endovascular. O titular do Goberno galego subliñou que, a partir da información que se vaia recollendo, poderanse perfeccionar os procedementos e protocolos do Plan de atención ao ictus; “e, deste xeito, reaccionar con maior axilidade e eficacia ante os casos que se dean na comunidade”. Logo…
O Presidente do PPdeG fixou como cometidos para esta lexislatura “blindar a estabilidade, lexislar con responsabilidade e traballar con unidade a prol do futuro de Galicia” FEIJÓO FIXA UN PRAZO DE 48 HORAS PARA QUE OS DEPUTADOS POPULARES PROPOÑAN AS PERSOAS QUE REPRESENTEN AO PPDEG NA MESA DA CÁMARA E NA DIRECCIÓN DO GRUPO PARLAMENTARIO • Salientou a renovación do Grupo Parlamentario, cunha terceira parte de deputados que ocupan un escano por primeira vez e case a metade non estaban en 2012 • Os 41 deputados asinaron un compromiso ético que vai “máis alá de cumprir escrupulosamente a legalidade e as obrigas parlamentarias”
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que, na actualidade, a preocupación dos populares é poñerse en marcha para as eleccións municipais que terán lugar dentro de tres anos.
  • Prev
  • 1
  • 2

Síguenos nas redes sociais