Santiago, 2 de febreiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta á Xunta de Galicia a que na redacción do novo Plan Forestal de Galicia se sigan as directrices consensuadas polo Consello Forestal de Galicia.   O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, lembrou que o actual Plan Forestal data do ano 1992, polo que ten 25 anos de vixencia e precisa unha actualización. “Desde o Grupo Popular, apoiamos un plan no que na súa redacción haxa unha forte participación do sector”, apuntou.   ADECUARSE ÁS DIRECTRICES   Deste xeito, González defendeu que o novo Plan Forestal se adecúe ás directrices marcadas polo Consello Forestal, un órgano consultivo e de asesoramento da Xunta de Galicia no que están presentes representantes da Administración galega, das organizacións sindicais, das asociacións de consumidores, dos colexios profesionais de enxeñeiros de montes e forestais, das universidades e expertos de prestixio profesional no sector.   “Queremos que na elaboración do novo Plan Forestal se conte co sector, e todo o sector está representado no Consello Forestal”, subliñou o portavoz popular.   Así mesmo, José González lembrou que “o modelo…
Santiago, 2 de febreiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou hoxe os datos de paro relativos ao mes de xaneiro. “Que pechemos xaneiro con 24.639 desempregados menos que hai un ano -descenso superior aos 10 puntos- constata a recuperación paulatina do mercado laboral galego”.
Santiago, 1 de febreiro de 2017.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a impulsar a intermodalidade na cidade de Lugo iniciando, á maior brevidade posible, o estudo de necesidades da terminal de autobuses integrada na nova estación intermodal lucense. Deste xeito, cumpriríase unha demanda histórica dos cidadáns do concello lucense e de toda a provincia, pois a súa execución permitirá mellorar notablemente as comunicacións luguesas.   A iniciativa, asinada por todos os deputados populares da provincia de Lugo, supón un paso máis no compromiso que o Partido Popular ten con esta provincia en materia de infraestruturas. Neste sentido, lembrar que no Pleno do pasado 27 de decembro aprobouse outra proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se reivindica a modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte de Lemos. Concretamente.   En concreto, a través desta proposta instouse á Xunta a traballar con determinación e insistir ante o Estado para acometer, no menor tempo posible, o proceso de modernización desta liña, na busca de mellores prestacións e servizos máis eficientes e competitivos, e adaptados ás necesidades dos…
Santiago, 31 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular defenderá no pleno da vindeira semana que se adopten as medidas necesarias para evitar o peche do Centro de Información á Muller de Ponte Caldelas, así como que se adecúen os coeficientes redutores da idade de xubilación as características da actividade marítimo-pesqueira en Galicia.   A remate da Xunta de Portavoces, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy,  informou que o vindeiro luns, 6 de febreiro, procederase ao debate para a aprobación dos orzamentos da Xunta para 2017 nun pleno extraordinario. En primeiro lugar, terá lugar o debate do conxunto das seccións e, de seguido, será a quenda do articulado dos orzamentos.   ACORDO PARA CONCELLOS CON PXOM ANULADO   A sesión plenaria tamén incorpora o debate do proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos presupostos. Neste sentido, Puy destacou a dificultade para chegar a acordos coa oposición cando “dúas terceiras partes das emendas que presentaron eran de supresión”.   Porén, salientou o acordo acadado entre o Grupo Popular e o Socialista para incorporar no proxecto de lei a posibilidade de que os concellos con plan xeral anulado, como Vigo ou Ourense, poidan aprobar medidas urbanísticas de…
Santiago, 31 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, propuxo hoxe de novo aos grupos da oposición aprobar unha declaración institucional na que se solicite, a raíz do informe elaborado pola Axencia Europea Ferroviaria e as demandas realizadas pola Eurocámara, a apertura dunha investigación que reúna os requisitos de independencia e analice as debilidades das investigacións realizadas sobre o accidente de Angrois.   Pedro Puy lembrou que o Grupo Popular xa propuxo o pasado 12 de xullo a aprobación polo Pleno dunha declaración institucional a través da que se solicitaba a apertura dunha investigación independente sobre o accidente de Angrois. Porén, lamentou que esa declaración non saíu adiante “como consecuencia do veto dos grupos parlamentarios de BNG, AGE e Mixto”.   LECTURA NO VINDEIRO PLENO   Deste xeito, apuntou que “se o que suscita de novo o debate sobre este accidente son as recomendacións europeas, desde o Grupo Popular estamos dispostos a retomar esa declaración institucional, coa incorporación das recomendacións da Eurocámara, e darlle lectura no vindeiro Pleno”.   “Somos coherentes co que vimos defendendo sempre que se solicita unha comisión de investigación”, sinalou o portavoz popular, quen reiterou que o Parlamento de Galicia, á marxe…
Santiago, 30 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que os cambios no grupo parlamentario, motivados pola renuncia de cinco conselleiros ás súas actas de deputados e a permanencia doutros cinco membros do Goberno galego na Cámara galega, permitirán manter unha boa colaboración entre o Goberno e o grupo parlamentario, ao tempo que se equilibra a capacidade de traballo dos deputados a tempo completo.   Pedro Puy considerou “bo a presenza dalgún membro do Goberno como deputados” e apuntou que neste caso “o equilibrio é correcto, xa que hai persoas que seguirán desempeñando o escano facilitando a coordinación co Goberno e ao mesmo tempo o grupo pode xa con 35 deputados dedicados ao Parlamento determinar cales son os portavoces e outras cuestións”.   Máis en concreto, explicou que ao longo desta semana procederase á substitución dos conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Educación, Sanidade e Medio Rural polos novos deputados do Grupo Popular. En concreto, se producen dúas baixas pola provincia de A Coruña, que serán ocupadas por Soraya Salorio Porral e Gonzalo Trenor; e tres pola provincia de Pontevedra, que serán substituídos por Isabel Novo Fariña, Moisés Rodríguez e Jacobo Moreira, unha vez que tamén…
Santiago, 29 de xaneiro de 2017.- Os conselleiros de Facenda, Valeriano Martínez; de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; de Sanidade, Jesús Vázquez; e de Medio Rural, Ánxeles Vázquez deixarán as súas actas de deputados para centrarse no seu labor no Goberno da Xunta de Galicia.   Estes cinco conselleiros procederán a asinar a súa dimisión como deputados durante a vindeira semana, co obxectivo de que os novos deputados poidan tomar posesión dos seus escanos no primeiro Pleno que se celebre.   En concreto, os novos deputados que tomarán posesión serán Soraya Salorio e Gonzalo Trenor, pola provincia de A Coruña; e Isabel Novo, Moisés Rodríguez y Jacobo Moreira, pola provincia de Pontevedra. O Grupo Popular procederá, a continuación, a reordenar as súas portavocías de área e membros en cada comisión.
Santiago, 27 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, valorou hoxe positivamente que a Xunta de Galicia confíe no experto en financiamento autonómico Santiago Lago como a persoa que represente a Galicia no debate do novo modelo de financiamento.
Santiago, 26 de xaneiro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este xoves os datos revelados pola Enquisa de Poboación Activa (EPA) relativos ao último trimestre do ano 2016, e celebrou que “Galicia teña hoxe o nivel de paro máis baixo dos últimos seis anos”. Así, lembrou que a Comunidade encadea xa once trimestres consecutivos de caída do desemprego, e sinalou que “non hai mellor mostra de que as reformas emprendidas nestes anos deron resultado”, polo que entende que estes datos “deben dar ánimos ao Goberno e á Xunta para continuar coa súa política económica”.

Síguenos nas redes sociais