Santiago, 20 de marzo de 2018.- A viceportavoz e portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, pediu responsabilidade aos sindicatos para rematar cos inxustificables bloqueos cos que condenan á Xustiza galega e prexudican á cidadanía xa que a oferta do Goberno galego cumpre o que pedían.
13 de Marzo de 2018.- O presidente e a coordinadora xeral de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo e Eugenia Vizcaíno, reuníronse este mércores co presidente de DOWN Galicia, Delmiro Prieto, e coa xerente da asociación, Sonia Caldas. Trala xuntanza, Pardo salientou o enorme labor que realizan este tipo de organizacións, “sendo un exemplo de compromiso social para outras asociacións”.
Santiago, 11 de marzo de 2018.- O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, clausurou esta mañá o II Torneo de Debate do PPdeG, onde pediu aos participantes que non deixen nunca de debater e de defender en público aquilo no que creen. “Sexa no bar, na casa, no salón de plenos, no Parlamento ou nun torneo coma este, intentar convencer aos demais cos argumentos e con razóns é facer política”, salientou.
Santiago, 31 de marzo de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández, manifestou hoxe que a orde da Consellería que fixa as normas para os concertos educativos nos vindeiros seis anos “limítase a cumprir estritamente a lexislación vixente”. Deste xeito, criticou que os socialistas “pretendan que a Xunta incumpra a lei en materia educativa” e pediulles “un pouco de coherencia porque por unha banda critican o ensino concertado e por outra concédenlles distincións a centros deste tipo, como recentemente sucedeu coa entrega do Vigueses Distinguidos ao Colexio de Fomento Las Acacias-Montecastelo”.
Santiago, 31 de marzo 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres na que avanzou que a líder de Podemos Galicia, Carmen Santos, deixa de ser unha “interlocutora válida” para os populares, e que deixarán de negociar ningunha iniciativa con ela.
Barco de Valdeorras, 30 de marzo 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, participa este xoves en dúas reunións co responsable de minería de FICA-UGT Galicia, José Paradelo; e coa directiva da Asociación Galega de Pizarristas; así como nun encontro con membros do Comité Executivo do Barco de Valdeorras, acompañado polo presidente local e deputado autonómico, Moisés Blanco.
Santiago, 30 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega, acompañado do alcalde de Foz, Javier Castiñeira, analizou coa directiva da Asociación A Ribeira as necesidades de incremento de prazas de atraque nos peiraos de Foz, especialmente no de Portochico, ante o que avanzou que a Xunta xa ten previsto ampliar en 40 novas prazas no porto focense.Daniel Vega reuniuse co presidente da Asociación A Ribeira, Alberto Burunda; o vicepresidente Ramón Cajoto; e o secretario José Luís Moreda.
Santiago, 30 de marzo de 2017.- Os deputado do Grupo Popular Paula Prado e José González mantiveron unha xuntanza en Melide cos responsables do Consello Regulador da denominación de orixe de Arzúa-Ulloa e salientaron as potencialidades de crecemento deste queixo fóra de Galicia.
Santiago, 28 de marzo de 2017.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana o impulso á creación de cemiterios que atendan a demanda de soterramentos conforme aos requisitos das confesións minoritarias con maior arraigo en Galicia, como a musulmán ou a xudea. Así mesmo, demandará a elaboración dun programa de actos que conmemore o 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo.

Síguenos nas redes sociais