Santiago, 29 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a que, no caso de que a avaliación dos resultados do proxecto piloto acrediten a efectividade do Programa Acude e Axuda, proceda a estendelo progresivamente ao conxunto do territorio da Comunidade galega.
Santiago, 30 de xuño de 2017.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, retomará na tarde deste venres a xira que o levará por distintos concellos este verán para continuar escoitando de primeira man as inquedanzas e propostas da cidadanía. A súa axenda comezará nos municipios ourensáns de Toén, Cartelle e Arnoia, e xa ten visitas confirmadas para os meses de xullo e agosto.
Santiago, 29 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se demanda á Xunta que continúe desenvolvendo iniciativas dirixidas ás entidades locais para a constitución e mellora do funcionamento das mesas locais de coordinación interinstitucionais contra a violencia de xénero.
Santiago, 29 de xuño de 2017.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, afirmou esta tarde no Parlamento que a Xunta ten previsto realizar no último cuatrimestre deste ano un estudo sobre as persoas sen fogar en Galicia, que servirá de base para a posta en marcha dun plan integral de atención a este colectivo social.
Santiago, 29 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo reiterou esta tarde no Parlamento a necesidade de que sexan “os técnicos profesionais quen decidan o sistema de cociña que se debe implantar no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense”, rexeitando a proposta de En Marea para que sexa no Parlamento onde se adopte esta decisión.Rodríguez-Vispo explicou que na actualidade “están a analizarse diferentes alternativas para a cociña do CHUO, tendo en conta as súas características e todos os axentes implicados” e apuntou que “cando se decida o modelo será notificado e xustificado convenientemente”. VANTAXES E INCONVENIENTESRespecto da posibilidade de optar pola liña fría, a deputada popular indicou que “ten unha serie de vantaxes, pero tamén inconvenientes, polo que faise necesario estudar o tema en profundidade e sopesar os pros e os contras dun sistema e doutro para tomar finalmente a mellor decisión”. Marta Rodríguez-Vispo tamén se referiu á situación laboral do persoal que presta servizos na cociña do CHUO e avanzou que “será a mesma que na actualidade”. Neste sentido, lembrou que nunha recente reunión da comisión do complexo hospitalario co novo xerente “houbo sintonía absoluta neste tema, habendo un compromiso por ambas partes de que cando…
Santiago, 28 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique demandou hoxe aos grupos da oposición que “deixen de enredar” coa reorganización escolar que a Consellería de Educación vai levar adiante o vindeiro curso nos concellos de As Pontes, Ribadavia, Porriño e Outes, porque “en ningún caso se vai pechar ningún centro nin unidade escolar, mantendo aos alumnos escolarizados nas súas propias poboacións”.
Santiago, 28 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha resolución a través da que se insta á Xunta a adaptar o réxime xurídico vixente en materia de financiamento das formacións políticas, regulando o emprego das novas formas de financiamento, tales como as chamadas crowdfunding, microcréditos ou micropréstamos, para configurar un marco xurídico máis axeitado e avanzar na mellora do control dos fondos públicos.
Santiago, 27 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega asegura hoxe que desde o PPdeG “avogamos por unha xestión ordenada do eucalipto, como se está a facer na Mariña lucense” e salientou a capacidade de creación de emprego e riqueza nesta comarca que ten esta especie arbórea.
Santiago, 23 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio salientou hoxe no Parlamento que “a Consellería do Mar leva desde 2012 traballando para minimizar o impacto do parásito Marteilia conchillia no berberecho e mellorar a produción do bivalvo a través de proxectos de investigación e axudas directas para paliar as perdas produtivas causadas pola diminución das poboacións de berberecho”.

Síguenos nas redes sociais