Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 5 de outubro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, presentou esta mañá as 40 propostas de resolución rexistradas por este grupo parlamentario no Debate sobre o Estado da Autonomía, nas que se incide na defensa da Constitución e da democracia en España, ao tempo que se demanda a reforma da Lei electoral, a retirada da simboloxía franquista, a chegada do AVE a Galicia en 2019, a transferencia da AP-9 ou a tramitación da modificación da Lei de Saúde.
Santiago, 4 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Debate sobre o Estado da Autonomía que “o obxectivo do Goberno galego para o futuro é reforzar e consolidar o crecemento económico que xera emprego e mellorar o sistema de benestar que entre todos construímos”. Así mesmo, ofreceu diálogo aos grupos da oposición, “pero sen renunciar aos grandes principios que cimentan toda orde social democrática e equitativa: igualdade, equidade, liberdade e solidariedade”.
Santiago, 4 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou a intervención do Presidente da Xunta no Debate sobre o Estado da Autonomía desta mañá como “ilusionante, que sitúa a Galicia nun crecemento económico, nunha maior cohesión social e nun entorno de estabilidade política fronte ao que o único risco que hai é que rache como consecuencia de feitos alleos á nosa Comunidade autónoma, que nisto é un exemplo para toda España”.
Santiago, 3 de Outubro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou os datos de desemprego do mes de setembro publicados esta mañá e asegurou que “ninguén pode negar que Galicia está mellor que hai un ano en xeración de actividade económica e creación de emprego”.
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde no Parlamento solicitar ao Ministerio de Fomento a reconversión en vía verde para uso peonil e ciclista dos treitos da antiga vía férrea Pontevedra-Arcade e Chapela-Vigo que estean actualmente en desuso.
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que “as bonificacións implantadas polo Goberno galego nas autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor permitan aos seus usuarios gozar dunhas das tarifas máis baixas de España”. “Este Goberno galego foi o primeiro e o único que aplicou bonificacións na peaxe aos usuarios destas dúas autoestradas, que permitiron aforros que superaron os 3,3 millóns de euros”.
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta tarde a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central o incremento de frecuencias e horarios do eixo atlántico ferroviario A Coruña-Vigo, atendendo as demandas e as necesidades dos cidadáns.
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancia do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a mellorar o trazado da rede autonómica de estradas no eixo Palas de Rei-Friol-Begonte.
Santiago, 3 de outubro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernandez Prado, criticou esta tarde no Parlamento que “os grupos da oposición estean a protagonizar unha batalla entre eles intranscendente por capitanear a demanda da transferencia da AP-9 a Galicia, cando a verdade é que desde o Goberno galego e o PPdeG seguimos reclamando este traspaso e estudando as posibles novas medidas legais que se poidan adoptar para conseguilo”.

Síguenos nas redes sociais