O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quixo facer balance hoxe do ano que remata e destacou que 2017 deixa unha Galicia máis forte e preparada que a de hai 12 meses. O dirixente popular pasou revista a algúns dos fitos destes 365 días, e destacou dous: a desaparición definitiva da crise (aínda que non de todos os seus efectos) e a consolidación da autonomía como un dos territorios de referencia do Estado.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou hoxe o discurso do presidente da Xunta con motivo deste remate do ano 2017, e destacou que foi unha intervención valente e optimista. “Feijóo anticipou unha Galicia protagonista dos grandes debates estatais do novo ano”, apuntou, e puxo en valor que a voz dos galegos será escoitada á hora de afrontar asuntos como a reforma do modelo de financiamento, do texto constitucional ou do modelo territorial.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou hoxe que José Blanco pretenda lavar con mentiras e ataques a súa mala conciencia pola suba de peaxes que endosou a Galicia na súa etapa como ministro de Fomento de José Luís Rodríguez Zapatero.
Santiago, 29 de decembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, acompañado dos viceportavoces Miguel Tellado e Paula Prado, presentou esta mañá un balance da actividade parlamentaria neste primeiro ano de lexislatura, período no que se celebraron 394 reunións de órganos da Cámara galega. Puy destacou a aprobación de 11 textos lexislativos, así como que o 80 por cento das cuestións debatidas en Pleno foron a iniciativa da oposición .   Pedro Puy concretou que das 11 leis aprobadas neste primeiro ano da X Lexislatura, 8 eran proxectos de Lei remitidos polo Goberno galego, dos que 5 estaban relacionados con trámites orzamentarios (dous orzamentos, dúas leis de acompañamento e unha lei de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social) e os outros tres foron o de protección e benestar dos animais de compañía, o de portos e o de espectáculos públicos e actividades recreativas.   Así mesmo, aprobáronse dúas proposicións non de lei dos grupos parlamentarios (a solicitude de transferencia da AP-9 a Galicia e a de fomento da implantación de iniciativas empresariais), así como unha iniciativa lexislativa popular (de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxético).   CERCA DE…
A Comisión de Estudo das reformas da política forestal e dos incendios forestais aprobou hoxe o seu Plan de Traballo, que incorpora a comparecencia de 65 persoas ou entidades, das que 41 formaban parte das propostas realizadas polos grupos da oposición; así como 47 solicitudes de documentación, das que 32 figuraban nas propostas de Plan de Traballo feitas pola oposición.
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou hoxe que esta formación política se sinte plenamente identificada nas verbas pronunciadas onte pola Súa Maxestade El Rei. Así, considerou que Felipe IV acertou na diagnose da actual situación do país e tamén no tratamento que debería seguir para continuar avanzando cara ao futuro.
Santiago, 21 de decembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias puxo hoxe no Parlamento que “Galicia é pioneira en España en políticas demográficas en xeral e de familia en particular”. En concreto, e referíndose á provincia de Lugo, salientou que a ratio de cobertura de prazas sostidas con fondos públicos de 0 a 3 anos e do 36,82 por cento, o que supón un 15,4 por cento máis con respecto ao ano 2009.
Santiago, 20 de decembro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento galego a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a defender a redefinición do Corredor Atlántico de Mercadorías, de xeito que incorpore e priorice a conexión ferroviaria dos portos galegos de Vigo e A Coruña co seu trazado español actual, a través de Monforte, León e Palencia.
Santiago, 20 de decembro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Raquel Arias defendeu hoxe no Pleno do Parlamento as medidas desenvolvidas pola Xunta na loita contra a vespa velutina dende que, en 2012, se detectou a presenza desta praga en Galicia.

Síguenos nas redes sociais