Santiago, 2 de abril de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o proxecto de orzamentos xerais do Estado son “dignos de ser aprobados, porque reforzarán a imaxe de estabilidade de España, a capacidade de gasto de quen máis o precisa e contribuirán a mellorar o funcionamento do sistema democrático”. Puy demandou unha reflexión por parte dos grupos da oposición para comprobar “se interesa máis aprobar estes orzamentos co que incorporan ou manter a prórroga das contas vixentes desde o pasado ano”. “É certo que son os máis sociais dos últimos anos, para que o crecemento permita fortalecer aquelas persoas que máis sufriron coa crise económica”, polo que animou a “contribuír a reforzar ou mellorar” estas contas públicas. CONTINUAR COA RECUPERACIÓN Na súa intervención, o portavoz popular lembrou que no pasado Pleno aprobouse unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se instaba aos grupos parlamentarios do Congreso a facilitar a aprobación dos orzamentos xerais para 2018. “Consideramos que son bos para continuar coa recuperación económica, dan unha sensación real de estabilidade e incorporan cuestións que benefician a unha gran maioría dos galegos”, apuntou. Pedro Puy salientou que os orzamentos recollen unha…
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O deputado do  Grupo Popular Carlos Gómez Salgado salientou hoxe no Parlamento as medidas adoptadas pola Xunta ante os danos ocasionados polo xabaril, “tendo en conta a opinión de todos os colectivos implicados a través dun grupo de traballo no que se coordinan e consensúan as actuacións”.
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a elaborar unha estratexia de actuación sobre os aproveitamentos hidroeléctricos con dereito concesional a extinguir no presente e no seguinte ciclo de planificación hidrolóxica (ata o ano 2027), na que se analicen os condicionantes xurídicos, económicos, ambientais e sociais que permitan decidir, no seu caso, a modalidade de explotación dos mesmos.
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a avaliar as consecuencias e circunstancias do proxecto de explotación mineira San Rafael, situado nos concellos de Touro e O Pino, desde o total garantismo legal e o rigor na execución do procedemento, de forma que se salvagarde o total respecto ao contorno, o estrito cumprimento da legalidade vixente e se dote de todas as garantías urbanísticas, medioambientais e técnicas
O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, ofreceu, unha rolda de prensa na que valorou dos Orzamentos Xerais do Estado. Neste senso, salientou “cuestións claves para Galicia” como a subida das pensións de menor de contía e rebaixas fiscais que dará un maior poder adquisitivo aos nosos maiores, a subida de salarios dos empregados públicos ou proxectos industriais fundamentais como a construción das fragatas F-110, que suporán “a creación de 7.000 postos de traballo e a modernización do sector naval na comarca de Ferrol”.
Santiago, 28 de marzo de 2018.- O  Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a  incrementar os programas formativos encamiñados a preparar adecuadamente aos membros dos distintos colectivos do servizo público de incendios para facerlle fronte ás novas tipoloxías do lume.
Santiago, 27 de marzo de 2018.- O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, apuntou esta mañá que o desafío permanente a Luis Villares dentro da súa propia formación e a actitude dos seus representantes desacredita a En Marea como primeira forza da oposición en Galicia.
Santiago, 26 de marzo de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “Galicia está saíndo da crise fortalecida e cunha capacidade de resolver as cuestións de desigualdade superior a outras comunidades autónomas”. Esta situación “nos leva a seguir traballando e a perseverar no traballo para conseguir que finalmente superemos esta etapa con maior nivel de igualdade, renda e traballo do que a crise nos deixou”.
Santiago, 23 de marzo de 2018.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, demandou hoxe a En Marea, PSOE e BNG que sigan o exemplo da Xunta nos concellos e deputacións nos que gobernan publicando no seu portal de transparencia os acordos acadados e o seu grao de cumprimento.

Síguenos nas redes sociais