Santiago, 10 de decembro de 2018.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe, en relación ao debate que terá lugar mañá no Congreso sobre a proposición de lei para a transferencia da AP-9 á Comunidade galega, que “o importante é que consigamos a transferencia desta autoestrada e que poidamos xestionar esta infraestrutura desde Galicia”, polo que “todos deberíamos estar contentos de conseguilo e non deberíamos andar mirando quen ten máis mérito, tendo en conta que a proposición foi aprobada no Parlamento de Galicia coa maioría absoluta do PPdeG e que agora a súa tramitación no Congreso vai contar co respaldo do grupo maioritario do PP”.
Santiago, 30 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno do Estado que continúe cos trámites necesarios para finalizar as modificacións normativas precisas, conforme á negociación mantida, de cara a darlle solución a problemática da potencia das embarcacións de recursos específicos, como percebe, navalla, algas, ourizo ou poliquetos.
Santiago, 30 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno do Estado que defenda a pesca de quenlla por parte da frota de palangre e proceda a demandar da Comisión Europea a clarificación técnica da interpretación da normativa que prohibe a práctica coñecida como “finning”, que consiste no corte das aletas de tiburón para rendemento económico e tirar co resto do corpo.
Santiago, 29 de novembro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe que a Xunta está a actuar na práctica totalidade do tramo da estrada PO-308 ao seu paso polo concello de Poio, “polo que resulta incongruente que os socialistas galegos veñan agora ao Parlamento demandando actuacións nesta estrada, na que a Xunta leva volcada por completo desde hai varios anos na mellora da súa seguridade”.
Santiago, 29 de novembro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Julia Rodríguez demandou hoxe no Parlamento que a Xunta estude implantar novas medidas de reforzo da seguridade na rotonda de Beltrán no concello de Xove, no enlace da vía de alta capacidade CG-2.3 coa estrada LU-862. Así mesmo, demándase que o Goberno do Estado axilice a redacción dos proxectos e a execución das obras da A-74, “de xeito que se dea continuidade ao treito Celeiro-San Cibrao da VAC Costa Norte e minimizará o tráfico na rotonda de Beltrán”.
Santiago, 28 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, unha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno do Estado á eliminación da taxa de reposición de efectivos na Lei de orzamentos de 2019, de xeito que corresponda a cada comunidade autónoma a competencia de determinar o número de prazas a incluír na oferta anual de emprego público.
Santiago, 28 de novembro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, criticou hoxe que PSOE e BNG “estean máis por enredar que por coñecer a realidade que se vive no Hospital do Salnés, porque perderon unha magnífica oportunidade de debater co xerente deste centro hospitalario na comparecencia que realizou a pasada semana na Comisión de Investigación sobre a sanidade pública galega, que a oposición puxo en marcha pero da que irresponsablemente fuxiron”.
O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou a estabilidade de Galicia fronte aos que gobernan baixo ás ordes de Podemos, nacionalistas e independentistas. É por iso polo que, para o líder do PPdeG, non hai goberno que goberne en España, xa que se atopa sometido a quen lle apoiou na moción de censura -e non aos intereses xerais dos españois-, “ao ditado de Podemos e en débeda permanente con nacionalistas e independentistas.
Santiago, 29 de novembro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda que a Xunta inicie a redacción dun proxecto de mellora e acondicionamento de trazado da estrada OU-636 entre Freixido e A Pobra de Trives, co obxectivo de que poida estar redactado e aprobado no ano 2019 para, a continuación, seguir coa tramitación necesaria para a execución das obras.

Síguenos nas redes sociais