Santiago, 12 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou hoxe no Parlamento do “erro que cometeron e cometen algunhas esquerdas ao aventar a pantasma da estrema dereita para mobilizar aos seus e darlle pulos a quen quere desprazar ata a súa extinción aos grandes partidos liberal conservadores e demócrata cristiáns que construíron coa socialdemocracia a Europa en paz, democrática e integrada da post guerra”.
Santiago, 12 de febreiro de 2019.- A deputada do Grupo Popular Encarna Amigo asegurou hoxe que En Marea, PSdeG e BNG “seguen ancorados no catastrofismo e no masoquismo” en materia de sanidade, “mentres organismos internacionais de toda solvencia poñen a nosa sanidade entre as máis valoradas do mundo e os nosos hospitais e profesionais son premiados pola súa labor de xestión, científica ou asistencial”.
Vigo, 11 de febreiro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular na Comisión de Investigación sobre o accidente do Marisquiño, Alberto Pazos, fixo hoxe en Vigo un balance das comparecencias que se celebraron ata o momento nesta comisión parlamentaria e subliñou que as intervencións de técnicos municipais demostraron que “Abel Caballero minte ao afirmar que este festival contaba con todos os permisos necesarios”.
Santiago, 12 de febreiro de 2019.- O portavoz do Mar do Grupo Popular,  Teresa Egerique, asegurou hoxe no Parlamento que “queremos máis política de salvamento e menos política co salvamento”. Neste sentido, asegurou que “ter máis competencias non é garantía de mellores medios para salvar vidas, porque o importante é a coordinación e que funcionen os recursos existentes”.
Santiago, 11 de febreiro de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno desta semana dúas proposicións non de lei: unha de solidariedade co pobo de Venezuela e de apoio explícito a un proceso de democratización deste país; e unha segunda de rexeite dos orzamentos do Estado porque “non son bos para a senda de crecemento que está a ter Galicia”.
8, febreiro, 2019.  O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu aos líderes socialistas galegos ter “un pouco de sentido de Estado fronte a quen quere traizoar a todo un país” e ser coma os socialistas manchegos e aragoneses alzando a voz contra a deriva radical do Goberno central. “Gustaríanos que socialistas como Javier Losada e Gonzalo Caballero pensasen máis nos intereses de Galicia e de España ca nos intereses de Pedro Sánchez”, aseverou.
6, febreiro, 2019.  O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, instou ao secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, a que se sume ás voces discordantes do PSOE que se senten escandalizados tras a decisión de Pedro Sánchez de render o Estado aos pés de Puigdemont e Torra.
Santiago, 6 de febreiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se demanda á Xunta que axilice a realización do censo de infraestruturas e equipamentos deportivos de Galicia, para posteriormente avanzar, en coordinación coas deputacións provinciais e os concellos, na redacción dun plan xeral de instalacións e equipamentos deportivos.
Santiago, 6 de febreiro de 2019.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a iniciar os trámites necesarios en colaboración co Concello de A Estrada para a ubicación dunha base para ambulancia do 061 e para os seus traballadores nunha zona anexa ao novo centro de saúde en construción.

Síguenos nas redes sociais