Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 26 de xullo de 2019.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, destacou hoxe da candidata a Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, a súa “preparación, profesionalidade e independencia”. A Xunta de Portavoces acordou esta mañá que a designación da nova Valedora do Pobo se debata o vindeiro luns nunha sesión da Comisión de Peticións e o mércores nun Pleno Extraordinario, no que tamén se abordará a aprobación definitiva do proxecto de Lei de Patrimonio Natural.
Santiago, 24 de xullo de 2019.- O Grupo Popular vén de rexistrar, logo de manter contactos cos portavoces dos grupos da oposición e constatar que conta con apoios suficientes no Pleno do Parlamento para o seu nomeamento, a proposta de María Dolores Fernández Galiño para ocupar o posto de Valedora do Pobo.
Santiago, 23 de xullo de 2019.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, amosou hoxe o seu respecto pola decisión adoptada pola Valedora do Pobo, Milagros Otero, de renunciar ao seu cargo, logo do escrito presentado esta mañá no Rexistro do Parlamento.
23, xullo, 2019. O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, salientou os máis de trinta anos de “galeguismo útil, cordial e construtivo” que leva exercendo o PPdeG para defender e ampliar a autonomía, saír da crise e garantir un futuro próspero.
Santiago, 22 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe, na visita que os deputados populares están a realizar a Ribadavia, que a futura lexislación sobre mobilidade de terras agrarias beneficiará directamente á comarca do Ribeiro xa que facilitará poñer en produción terreo abandonado desta denominación de orixe.
19, xullo, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou este venres a “chegada desafortunada” de Gonzalo Caballero no Parlamento de Galicia. Tal e como recordou o número dous dos populares galegos, na súa primeira intervención como deputado, o líder socialista non só aproveitou para menosprezar unha vez máis ao presidente da Xunta, senón que tamén aos ex presidentes autonómicos de Castela e León e de Asturias -este último, militante do PSOE-, que recibirán as Medallas de Ouro de Galicia a vindeira semana.
Santiago, 17 de xullo de 2019. O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, destacou que a defensa da igualdade “é unha loita na que debemos participar todos, independentemente de ideoloxías ou de xéneros”, polo que avogou por afastarse dos que a usan de forma partidista.
Santiago, 17 de xullo de 2019. O presidente de Novas Xeracións, Adrián Pardo, destacou que a defensa da igualdade “é unha loita na que debemos participar todos, independentemente de ideoloxías ou de xéneros”, polo que avogou por afastarse dos que a usan de forma partidista.
Santiago, 15 de xullo de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe que “existen mecanismos legais para que o Goberno central abone os 700 millóns de euros que lle debe a Galicia, logo de que no Consejo de Ministros da semana pasada autorizara a compra de blindados para o Exército español por importe de 2.300 millóns de euros.

Síguenos nas redes sociais