Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia a o usuario no noso sitio web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo. Mais información Política de Cookies

Santiago, 5 de novembro de 2019.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana o apoio do Parlamento galego á proposta de estatuto para os consumidores electrointensivos elaborada polo Goberno galego, ao tempo que solicita ao Goberno de España que asuma esta iniciativa e que adopte todas as medidas previstas de maneira inmediata.
5, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, contrapuxo o modelo do PSOE, que só fala sobre política social, co do Partido Popular, que traballa polas familias: “Creo na política de feitos”.
5, novembro, 2019. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, lamentou que a falta dunha axenda industrial do Goberno central estea afectando ao mercado laboral galego. Así se expresou na valoración do paro de outubro, que aumentou no último mes un 4,66% en Galicia, unha suba superior á dos últimos anos.
4, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu a unión no Partido Popular para que ningún voto para un cambio de Goberno se quede sen escano. Do contrario, segundo sostivo, o PSOE logrará que a súa estratexia de dividir o voto de centro-dereita funcione e o país seguirá na mesma situación de inestabilidade e inacción.
Santiago, 4 de novembro de 2019.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, manifestou hoxe que o PPdeG incorporará á campaña electoral e ao debate no Parlamento galego a axenda galega de demandas ao novo Goberno de España que se consideran prioritarias para Galicia, xa que van desde o pago da débeda, ao financiamento autonómico, a chegada do AVE, o futuro da industria galega ou a prestación de servizos públicos.
4, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu unir voto no Partido Popular para que se recuperen os compromisos con Galicia. Tras facer fincapé en que o país necesita un goberno como o da nosa Comunidade, destacou que os galegos tamén “precisan dun Goberno de España que se tome en serio” a Galicia. 
3, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pide unir o voto no Partido Popular para que o próximo non sexa un novo incumprimento do PSOE, senón un Goberno que cumpre con Galicia.
3, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé en que se os miles de votos que nas enquisas din que van confiar en VOX ou en Ciudadanos se unen no Partido Popular, “o cambio é posible”.
2, novembro, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou que o Partido Popular sae a gañar o 10 de novembro para que haxa un Goberno central que cumpra con Galicia “si ou si” e que a teña en consideración.

Síguenos nas redes sociais