O Parlamento aproba a petición do PPdeG que a Xunta elabore lei de retorno dos emigrantes

Miguel Santalices defendeu a necesidade de contar cun marco normativo de rango legal que ordene as axudas e optimice as accións en beneficio dos retornados

O PARLAMENTO APROBA UNHA INICIATIVA DO GRUPO POPULAR PARA QUE A XUNTA ELABORE UNHA LEI DE RETORNO DOS EMIGRANTES

Santiago, 18 de febreiro de 2010.- A Comisión 1ª Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior aprobou hoxe, coa abstención de PSOE e BNG, unha proposición non de lei presentada polo Grupo Popular pola que se insta á Xunta a elaborar un proxecto de lei de Retorno dos emigrantes galegos que contemple as especiais características deste fenómeno social, así como que desenvolva pautas informativas nos principais países onde existe poboación galega desprazada, aos efectos de que esta sexa informada convenientemente sobre os seus dereitos e o contido da propia lei.

O voceiro de Emigración do Grupo Popular, Miguel Santalices, defendeu a necesidade de contar cun marco normativo de rango legal que ordene as axudas e optimice as accións en beneficio dos retornados. Santalices salientou que as axudas e actuacións existentes cara aos emigrantes que deciden retornar a Galicia atópanse dispersas entre os distintos departamentos da Administración e precisarían dunha maior coordinación. Nese sentido, considerou que a Lei permitirá establecer unha planificación estratéxica e legal que posibilite “estructurar un marco integral e global de actuación neste eido que responda ás necesidades específicas dos emigrantes galegos que volven a Galicia”. Así mesmo, suporía concretar a base subxectiva dos beneficiarios, “definindo a condición de retornado e o procedemento para o acceso ás axudas e beneficios”.

O deputado popular fixo fincapé na necesidade de “dobrar esforzos” na política do retorno, “nun momento no que se aprecia un aumento de dos emigrantes galegos e descendentes que manifestan o desexo de retornar” pola situación de crise que se está a vivir en moitos países de Iberoamérica, así como polo acceso dun importante número deles á nacionalidade española ao abeiro da Ley 52/2007. Así mesmo, resaltou que Galicia é, no contexto nacional, a terceira comunidade con maior volume de retorno e a primeira en canto a proporción de emigrantes retornados respecto ao total da súa poboación. Santalices lembrou que o Estatuto de Autonomía de Galicia, no seu artigo 43, “xeneraliza o mandato da galeguidade no seu aspecto máis actual ao retorno, e consagra o dereito dos galegos a vivir e traballar na propia terra”. Sen embargo, apuntou o parlamentario, “non existe un marco xurídico claro que permita globalizar e darlle un tratamento integral ás políticas de retorno de xeito que se poidan garantir os dereitos dos galegos que queiran retornar”.


Compartir en:
Comparte en Google! Live! Facebook! Netscape! Technorati! MySpace! Yahoo!
Síguenos:
RSS

Descarga nosos titulares

Podcast

Leva os nosos audios

No teu correo

Recibe os titulares e alertas informativas

Afiliate Buscar