Santiago, 14 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Jacobo Moreira salientou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “está traballando con intensidade na mellora da seguridade viaria na estrada PO-308, en especial para os usuarios máis vulnerables como poden ser os peóns”.
Imaxes do comité de dirección do PPdeG
A iniciativa pretendía ampliar aos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense o acordado pola Xunta para o transporte metropolitano interurbano O PARLAMENTO APROBA, CO ÚNICO APOIO DO PP, SOLICITAR AOS CONCELLOS A EXTENSIÓN DA GRATUIDADE DO TRANSPORTE URBANO PARA MENORES DE 18 ANOS ·    O portavoz de Infraestruturas,Jesús Goldar lembrou que despois das mocións presentadas polo PP en cada concello, “somos o único partido que está claramente a favor desta medida social” Santiago, 29 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, co único voto favorable do Grupo Popular, solicitar aos concellos de A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo e Ourense que adopten cantas medidas sexan necesarias para estender a gratuidade do transporte urbano aos menores de 18 anos, do mesmo xeito que o acordado pola Xunta para o transporte metropolitano interurbano. O portavoz de Infraestruturas, Jesús Goldar, criticou a negativa dos grupos da oposición a apoiar esta iniciativa, que “ten como obxectivos garantir un mellor futuro da mocidade galega, promover o uso do transporte público, axudar á economía das familias con menores e educar aos nenos no uso do transporte público”. Goldar lembrou que a Xunta de Galicia aprobou o pasado 12 de maio…
O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PRIMEIRA PROPOSICIÓN NON DE LEI DE INICIATIVA POPULAR, QUE SOLICITA UN TIPO SUPERREDUCIDO DO IVE PARA OS CUEIROS DOS NENOS ·    A Lei de iniciativa lexislativa popular e participación popular aprobada o pasado mes de agosto facilita que os galegos poidan presentar preguntas ou proposicións non de lei no Parlamento galego Santiago, 29 de xuño de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a primeira proposición non de lei de iniciativa popular, rexistrada pola Asociación galega de familias numerosas (Agafan) e asumida polo Grupo Popular, a través da que se demanda ao Goberno central a redución do tipo impositivo de IVE dos cueiros dos nenos, pasando do 21 por cento actual ao superreducido do 4 por cento como produto de primeira necesidade. A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez, lembrou que se trata da primeira proposición non de lei de iniciativa popular que se debate e aproba nun Parlamento español. Esta situación é posible logo da aprobación o pasado mes de agosto no Parlamento galego da Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá, que permitiu ampliar os mecanismos de participación directa dos cidadáns no Parlamento, facilitando que os galegos…
A norma tamén garante dereitos esenciais ás persoas usuarias, como a libre elección, o arraigo á contorna social e á continuidade de atención, e a atención personalizada e integral O PARLAMENTO APROBA A REFORMA DA LEI DE SERVIZOS SOCIAIS, QUE INTRODUCE O CONCERTO SOCIAL E REFORZA O PAPEL DAS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL Santiago, 28 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a reforma da Lei de servizos sociais, que introduce o concerto social como novo modelo de xestión, reforza o papel das entidades de iniciativa social e garante dereitos esenciais ás persoas usuarias. A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, subliñou que o Grupo Popular “non rexeitou ningunha das emendas presentadas polo PSOE, BNG e AGE, xa que todas foron aceptadas ou foi presentada unha proposta de transacción, chegando a un acordo sobre o 83 por cento das emendas”. Rodríguez Arias lembrou que esta lei xurdiu “dun proceso de diálogo coas entidades sociais para acadar un marco consensuado con todas as garantías”, ao que seguiu “o proceso de diálogo entre todos os grupos parlamentarios sobre un documento aberto, no que nos volcamos para consensuar un documento conxunto que tivera o máximo apoio posible”. SUPERA AS…
O PARLAMENTO APROBA A DEVOLUCIÓN AOS EMPREGADOS PÚBLICOS DA PARTE DEVINDICADA DA PAGA EXTRA DE 2013 ·    O portavoz popular afirmou que PSOE, BNG, AGE e Grupo Mixto “se equivocan por facerlle oposición a Galicia, aos representantes dos traballadores e aos empregados públicos do noso país” ·    Tellado lembrou que durante a crise o Goberno galego tivo que “facer axustes que non foron do gusto de ninguén, pero dixemos que aqueles axustes eran temporais e que, en canto a situación económica mellorase, serían revertidos” Santiago, 28 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou esta tarde a Lei a través da que os empregados públicos galegos recuperarán a parte devindicada da paga extra do ano 2013, así como a recuperación da totalidade do complemento específico nas pagas extras a partir do vindeiro mes de xaneiro. O portavoz de Administracións Públicas do Grupo Popular, Miguel Tellado, acusou á oposición de “vivir instalada no pataleo e no bloqueo permanente” por non apoiar esta iniciativa lexislativa, acordada cos sindicatos UXT, CC.OO. e Cesif. Miguel Tellado defendeu a tramitación polo procedemento de lectura única deste proxecto de lei porque “ten como único obxecto o abono da parte do complemento específico da paga extra…
O PARLAMENTO APROBA A MODIFICACIÓN DA LEI DE COORDINACIÓN DE POLICÍAS LOCAIS, QUE DESBLOQUEA OS PROCESOS PARA INCORPORAR NOVOS AXENTES NOS CONCELLOS ·    O deputado popular dixo que a partir de agora dous concellos limítrofes poderán asociarse para prestar servizos de policía local, sempre que non superen en conxunto os 40.000 habitantes Santiago, 28 de xuño de 2016.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a modificación da Lei de coordinación de policías locais, “unha lei necesaria, garantista e consensuada cos axentes afectados e os concellos, que desbloquea os procesos de introdución de novos axentes nos concellos”, manifestou o deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira. Na súa intervención na sesión plenaria, Moreira concretou que o Goberno galego decidiu abordar a reforma da Lei de coordinación de policías locais do ano 2007 “para adaptala á normativa vixente e aos distintos pronunciamentos xudiciais” sobre a materia, como a eliminación do límite de idade para o acceso aos corpos da policía local. SEGURIDADE XURÍDICA Jacobo Moreira apuntou que coa nova lei “dótase de seguridade xurídica aos concellos para a convocatoria de procesos selectivos de novos axentes de policía local, evitando a parálise case absoluta de convocatoria de prazas existente na actualidade”. “Trátase dunha reforma…
No Pleno de mañá tamén se procederá á aprobación da modificación da Lei de servizos sociais e da modificación da Lei de coordinación de policías locais PEDRO PUY CRITICA QUE A OPOSICIÓN “QUEIRA RETRASAR SEN XUSTIFICACIÓN” A DEVOLUCIÓN AOS FUNCIONARIOS DA PARTE DA PAGA EXTRA DEVINDICADA EN 2013 Santiago, 27 de xuño de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que os grupos da oposición “queiran retrasar, sen aparente xustificación”, a aprobación no Pleno de mañá do proxecto de lei para a devolución da parte da paga extra devindicada aos funcionarios en 2013, a pesar de que conta co apoio dos sindicatos UXT, CC.OO. e Cesif. Así mesmo, na sesión plenaria procederase ao debate para a aprobación da proposición de lei, promovida polo Grupo Popular, de modificación da Lei de servizos sociais e do proxecto de lei de coordinación das policías locais de Galicia. Pedro Puy lembrou que o Pleno dará comezo coa elección de tres membros do Consello Social da Universidade de Vigo e outros catro membros do Consello Social da Universidade de Santiago. TEXTOS LEXISLATIVOS A continuación, procederase ao debate para aprobación de tres textos lexislativos. En primeiro lugar, abordarase o proxecto de lei que…
Ferrol, 24 de xuño de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto fronte aos que desobedeceron ás urnas e aos que non fixeron caso aos cidadáns.Durante un almorzo con interventores celebrado esta mañá en Ferrol e no que estivo acompañado polo presidente local, José Manuel Rey Varela, e polo presidente provincial, Diego Calvo Pouso; o dirixente sinalou que esta campaña nunca debería terse celebrado e que recorda a un fracaso dunhas urnas que non se escoitaron, se desobedeceron e ás que os políticos vulneraron.Por este motivo, Feijóo asegurou que agarda que moita xente vote de forma clara para conseguir que non volva repetirse este fracaso da democracia nin esta forma frívola de entender os resultados. Pola súa parte, dixo que os populares seguirán co seu traballo en Galicia e que o vindeiro luns será un día ordinario, de traballo, de goberno, de tomar decisións, de funcionamento das institucións e de estabilidade na comunidade.Nese senso, salientou os efectos prácticos e as vantaxes de ter un goberno e unha política estable, e un proxecto para Galicia. Por iso, garantiu que, ocorra o que ocorra o domingo, a nosa comunidade seguirá tomando decisións e o Goberno da Xunta seguirá…

Síguenos nas redes sociais