Santiago, 16 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que apoiar os orzamentos da Xunta para 2017 supón dar un “si ao crecemento, ao emprego e progreso do noso país, fronte a unhas emendas da oposición que supoñen paralizar Galicia e volver a uns orzamentos irreais”.
Santiago, 29 de xaneiro de 2016.- A Comisión 2ª aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei do Solo, que co este texto lexislativo queda en disposición de levar a sesión plenaria para a súa aprobación. O portavoz de Ordenación do Territorio, Jaime Castiñeira, concretou que “o obxectivo é que ningún concello galego estea sen plan xeral”, ao tempo que manifestou que “AGE ten de prazo ata o día do Pleno para repensar a súa negativa a admitir a trámite reforma do artigo 144 e facilitar a realización de proxectos de urxencia ou de excepcional interese público nos concellos”.    Castiñeira afirmou que o proxecto de Lei do Solo vén respaldado pola aceptación de arredor do 80 por cento das propostas realizadas por colectivos sociais, así como pola incorporación ao proxecto na súa tramitación no Parlamento de 79 emendas dos grupos parlamentarios, 45 delas a iniciativa da oposición.   Porén, considerou “unha mágoa que AGE non aceptara a admisión a trámite da proposta do Grupo Popular para reformar o artigo 144, de xeito que se lle dera solución a unha serie de problemas que repercuten en calquera concello ante situacións de urxencia ou de excepcional interese público”. Neste sentido, reiterou…
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2016.- O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que a estabilidade política de Galicia é o mellor aliado para a creación de emprego.    Así, o voceiro puxo en valor os datos coñecidos onte da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que indican unha tendencia á baixa no paro da nosa comunidade e un crecemento do emprego históricos.   “Non é casual que Galicia, onde o Goberno non está sometido a xestionar en minoría, tivese un mellor comportamento que outras comunidades que teñen un executivo menos estable”, dixo Tellado.   E é que as cifras amosan que a taxa de paro en Galicia continúa sendo menor que a rexistrada en España, situándose a máis de 3,2 puntos por debaixo da media do conxunto de Estado.   Para Tellado, os datos son unha nova mostra dunha recuperación que se vai consolidando na nosa comunidade e que nos regresa a niveis anteriores á recesión. “A recuperación económica xa é unha realidade incuestionable, acreditada polos datos de crecemento”, engadiu o voceiro popular.   “Non é a Xunta a que crea emprego directamente, pero é alí onde se toman as medidas precisas para que as empresas teñan un…
Feijóo asina un acordo coa Fundación Barrié para a creación dun fondo que impulsará que a investigación científica se traslade ao mundo da empresa O obxectivo do Fondo de proba de concepto é “comprobar se as ideas e a innovación que desenvolvemos neste momento en Galicia pode ter éxito empresarial e, nese caso, acompañar os investigadores ata acadalo" Estará dotado inicialmente con 1.650.000 euros, unha cantidade que se poderá ver incrementada conforme se vaian sumando a el outras institucións públicas e privadas O presidente gabou o labor da Barrié apoiando a 15.000 bolseiros ao longo de 26 anos e contribuíndo á “transformación de ideas innovadoras en proxectos empresariais exitosos” Citou medidas do Goberno galego para fomentar a investigación, coma o programa Oportunius, o novo Plan de financiamento universitario ou a creación de 19 unidades mixtas de innovación Lembrou que o Plan Estratéxico de Galicia que se aprobou onte prevé duplicar o investimento público en investigación: do 0,88% do PIB a máis do 1,7% Santiago, 29 de xaneiro de 2016.- Alberto Núñez Feijóo asinou hoxe un convenio coa Fundación Barrié para a creación do Fondo autonómico de proba de concepto, que ten como obxectivo “comprobar se as ideas e a innovación…
Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que a aprobación do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, axudará a consolidar a recuperación económica e a intensificar a creación de emprego a curto e medio prazo. Segundo dixo, o texto, que será agora remitido ao Parlamento, é un instrumento de planificación que aposta por un modelo de crecemento baseado na innovación e no capital humano.   Feijóo concretou que se trata dun documento que conta con dez obxectivos entre os que destacan: consolidar un crecemento económico sostido, con avances anuais do PIB por riba do 2,5%; aumentar en 100.000 o número de empregos ata 2020 e reducir a taxa de paro ata o 10%; diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro un 35% e aumentar o uso das renovables; seguir reducindo a poboación en risco de pobreza para que Galicia siga estando mellor que a media; e gañar oito puntos de converxencia coa Unión Europea en PIB per cápita.   Son, dixo, obxectivos moi claros, ao igual que as súas prioridades que pasan por blindar o gasto social en educación e no eido sanitario, por non subir impostos, por seguir reducindo o endebedamento…
Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as cifras de visitantes que se rexistraron o pasado ano en Galicia superan os obxectivos que establecera a Xunta no Plan Integral de Turismo e asegurou que este ano buscarase rebasar o teito dos 5 millóns de turistas.   Como detallou Feijóo, o Goberno galego marcárase o reto de recibir 1.250.000 visitantes internacionais en establecementos hoteleiros, superándose esa cifra con máis de 21.000 viaxeiros. Esta cantidade, como sinalou, incrementarase cando se dispoña dos datos dos establecementos extrahoteleiros.   Ademais, superouse a porcentaxe de ocupación media hoteleira marcada como obxectivo, xa que se chegou ao 33,8%, e a pasada semana na feira de turismo Fitur o mostrador de Galicia bateu o seu récord histórico de afluencia, ao atender a 74.000 persoas interesadas.   Para Feijóo, estes datos son boa proba do éxito das accións que contempla o Plan Integral, que abordan múltiples facetas relacionadas co turismo da Comunidade.   As liñas estratéxicas do Plan Integral de Turismo Como lembrou, estas facetas agrúpanse en seis liñas estratéxicas principais. En primeiro lugar, no relativo ao Camiño de Santiago, o presidente da Xunta subliñou a aprobación do seu…
Santiago, 28 de xaneiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, deu conta hoxe da aprobación no Consello do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, ao que a Xunta destinará 20 millóns euros. O seu obxectivo, dixo, é ampliar, mellorar ou manter os camiños rurais que facilitan o acceso, cando menos, a unha parcela dunha explotación agraria.   Segundo precisou, o plan destinará aos concellos 20 millóns de euros, o que supón un incremento do 25% con respecto ao orzamento de 2015 para este fin.   Feijóo explicou que os criterios de distribución destes fondos foron consensuados cos concellos galegos a través da Fegamp, e que será a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a que execute estas axudas mediante subvencións aos municipios que se resolverán no mes de febreiro.   O mandatario sinalou que este plan supón continuar e ampliar os que xa se veñen aplicando desde o ano 2013. E, nesta liña, apuntou que axudará a mellorar as arterias do mundo rural; camiños, dixo, que cumpren unha dobre función: por unha banda, facilitar o acceso ás 30.000 entidades poboacionais nas que se asentan as vivendas do rural e, por outra,…
Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Servizo Galego de Saúde a dispensar sen máis dilación os novos fármacos para a Hepatite C a todas persoas internas nos centros penitenciarios galegos para as que están establecidos estes tratamentos no Plan Nacional para a Abordaxe da Hepatite C no Sistema Nacional de Saúde. O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez, afirmou que este apoio “é unha  mostra máis, e para que non quede ningunha dúbida, do compromiso do Partido Popular de Galicia coa saúde de todos os cidadáns residentes na nosa comunidade, e de xeito especial cos enfermos de Hepatite C”.   A iniciativa aprobada incorpora ademais a solicitude para o establecemento dun sistema coordinado entre o SERGAS e a Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias que permita a aplicación efectiva e máis eficaz posible do disposto no Plano para a abordaxe da Hepatite C no ámbito dos centros penitenciarios radicados en Galicia.   O portavoz de Sanidade, Aurelio Núñez, lembrou que “o Partido Popular de Galicia e o Goberno da Xunta teñen amosado o seu compromiso coa saúde da cidadanía, e mais…
O deputado do Grupo Popular dixo que “mentres a oposición segue anclada no pasado criticando a posta en marcha dun hospital público, os profesionais sanitarios seguen prestando atención sanitaria gratuíta e de calidade neste centro”   “SEGUIREMOS DESMONTANDO TODAS AS MENTIRAS RESPECTO DO HOSPITAL  PÚBLICO ÁLVARO CUNQUEIRO DE VIGO CON FEITOS E INVESTIMENTOS”, AFIRMA JAVIER DORADO      Santiago, 27 de xaneiro de 2016.- “Seguiremos desmontando todas e cada unha das súas mentiras respecto do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e seguiremos a facelo con feitos e investimentos”, manifestou esta mañá no Parlamento o deputado do Grupo Popular Javier Dorado.   Na súa intervención no Pleno no debate dunha iniciativa de AGE sobre a xestión do Hospital Público vigués, Dorado saliento que se trata da “obra que querían e demandaban os vigueses, que se foi construíndo a pesar das zancadillas e as pedras no camiño que se atopou o actual Goberno da Xunta”.   ENÉSIMO ATAQUE   Javier Dorado considerou a iniciativa de AGE o “enésimo ataque ao Hospital Álvaro Cunqueiro”, fronte aos que o Partido Popular está a “defender a sanidade pública galega cos feitos”. Neste sentido, subliñou que o actual Goberno galego é o que máis investiu…

Síguenos nas redes sociais