Santiago, 8 de febreiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular, Jacobo Moreira, salientou hoxe que a Xunta negociará coas organizacións sindicais a aprobación neste ano dunha oferta de emprego público de arredor de 3.000 prazas para reforzar especialmente os servizos de sanidade, educación e sociais.
Ferrol, 27 de febreiro de 2016.- O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, pronunciose sobre a manifestación celebrada esta mañá baixo o lema “En defensa do mar” cualificándoa como unha protesta de carácter exclusivamente político posto que, segundo indicou, non ten sentido protestar contra un anteproxecto de Lei de Acuicultura que xa foi retirado.   Nesta liña, o portavoz fixo unha crítica aos partidos da oposición que se aproveitan desta situación intentando enganar á cidadanía e fomentan unha visión negativa do sector, cando foron eles os que menos fixeron para apoialo.   Tellado lembrou que, pese a que a reivindicación inicial xurdiu por asuntos pesqueiros, enseguida derivou cara a unha manifestación en contra o anteproxecto de Lei de Acuicultura, perdéndose esta motivación cando se anulou o borrador que descartaba a súa tramitación, tal e como lle foi comunicado ao sector.   “Nós respectamos as protestas dos cidadáns porque están en todo o seu dereito e é lícito, pero parécenos grave que a situación sexa aproveitada por determinados partidos para fins partidistas e políticos, chegando a facer unha manipulación interesada e mesmo promovendo a asistencia á manifestación mediante o uso de recursos das administracións públicas de algúns concellos”, engadiu Tellado. “Estase usando…
O PARLAMENTO APROBA INSTAR Á XUNTA PARA QUE ADAPTE A NORMATIVA GALEGA Á LEI ESTATAL DE RACIONALIZACIÓN E SUSTENTABILIDADE DA ADMINISTRACIÓN LOCAL ·    A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas Santiago, 26 de febreiro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a adaptar o decreto galego 49/2009 á nova Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, de xeito que se axilicen os procedementos e permitan mellorar os sistemas de cobertura dos funcionarios con habilitación de carácter nacional. O portavoz de Administracións Públicas, Miguel Tellado, subliñou “a conveniencia de modificar e de concretar moitos aspectos da regulación que perderon a súa aplicación práctica e eliminar moitas competencias que na actualidade xa non corresponderían á Comunidade autónoma”. COBERTURA TEMPORAL A nova Lei estatal modifica a puntuación dos baremos de méritos autonómicos, estatais e locais e elimina a posibilidade de que estes funcionarios podan ser seleccionados polas Comunidades Autónomas. Ademais, establece obrigas para os servizos de asistencia á municipios das deputacións provinciais…
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente dos populares de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que, desde agora, o programa de adxudicación de solo industrial en réxime de superficie —alugueiro de parcelas nos parques empresariais galegos— dará prioridade en 27 polígonos a aquelas empresas vinculadas ao sector primario, como a agricultura, a gandaría, o marisqueo e a pesca.   Segundo explicou o presidente, para a selección dos 27 parques nos que se aplicará esta medida tívose en conta a súa proximidade a portos, a vinculación da economía da súa comarca co sector primario ou u a existencia de empresas deste sector implantadas no parque empresarial.   Ademais, noutros dous parques empresariais, as Centrais de Transportes de Ourense, en San Cibrao das Viñas, e de Ponte Caldelas, serán prioritarios os proxectos empresariais vinculados ao transporte.   Como regra xeral, establécese que se adxudique a estas empresas do sector primario e dos transportes ata un 25 por cento do solo dispoñible en cada parque. É dicir, que esta medida, segundo dixo o presidente, permitirá adxudicar directamente a proxectos singulares vinculados ao sector primario e ao transporte case 350.000 metros cadrados de solo empresarial.   “Deste xeito —explicou Feijóo—, seguimos avanzando…
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que o Consello da Xunta aprobou por decreto a Oferta de Emprego Público para 2016 nos ámbitos sanitario, educativo e da Administración Xeral. En total, trátase de 2.644 prazas, o que equivale ao total das ofertas de emprego público convocadas nos últimos cinco anos.   “En consecuencia, espero que a taxa de reposición de interinos na comunidade estea moi baixa e a taxa de emprego fixo sexa unha das máis altas historia da comunidade autónoma”, afirmou o mandatario.   As prazas para Sanidade Segundo detallou, no que atinxe ao eido sanitario, a oferta de emprego público do Sergas superará con creces o volume de todas as convocatorias acumuladas dos últimos anos, xa que se ofertarán un total de 818 prazas, o que supón unha taxa de reposición do 100 por cen.   Por categorías, Feijóo explicou que haberá 351 prazas para persoal estatutario licenciado sanitario, das cales 196 son prazas de facultativo especialista; 83, para médicos de familia; 36 prazas, para médicos de urxencias; 3, para médicos de admisión; 12, para médicos do 061; 10 prazas, para pediatras; e outras 11, para odontólogos.   Do…
Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que, cun investimento de 115 millóns de euros, Galicia contará cun parque tecnolóxico e industrial á vangarda de Europa que permitirá crear 600 postos de traballo, impulsar novos investimentos e mellorará a competitividade industrial galega.   Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo asegurou que atraer empresas, dinamizar a economía e xerar emprego seguen a ser os obxectivos do Goberno galego como proba o feito de que, hoxe, se desen a coñecer as multinacionais que foron seleccionadas como socios de referencia para o impulso do parque tecnolóxico e industrial de avións non tripulados de Galicia.   O mandatario incidiu en que se trata dun auténtico parque industrial e tecnolóxico que, ubicado estratexicamente no Aeródromo lucense de Rozas, situará Galicia como unha das rexións líderes a nivel mundial no desenvolvemento e fabricación de avións non tripulados de ámbito civil.   Para acadar este obxectivo, o parque aeronáutico contará cun investimento público privado de 115 millóns de euros: “40 millóns do Goberno galego, que incrementa así un 60% o investimento inicial previsto; e, 75 millóns de euros procedentes da iniciativa privada que vén de gañar o…
O GRUPO POPULAR APOIA DEMANDAR  AO GOBERNO CENTRAL A INMEDIATA INSTALACIÓN DE MEDIDAS DE ACCESO GRATUÍTO A INTERNET NOS SERVIZOS FERROVIARIOS DE GALICIA ·    Blanco explicou que na actualidade Renfe xa está a traballar na implantación deste servizo en toda España logo do contrato asinado con Telefónica por importe de 148 millóns de euros Santiago, 25 de febreiro de 2016.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a inmediata instalación de medidas de acceso gratuíto a internet, vencelladas ó uso do medio, nos servizos ferroviarios de Galicia. O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, lamentou que “AGE rexeitara a emenda que lle presentamos á súa iniciativa e que ía máis aló do que eles reclaman e finalmente se aprobou, xa que a proposta que saíu adiante só demanda a instalación de medidas de acceso a internet mentres que a nosa pedía cobertura e acceso público e gratuíto a internet”. COMPETENCIA EXCLUSIVA DO ESTADO Porén, Blanco recoñeceu “a necesidade de mellorar o servizo de acceso a internet que se presta no transporte ferroviario”, se ben lembrou que Renfe xa está a traballar…
  O GRUPO POPULAR DEFENDE O PLAN DE IMPULSO AO COMERCIO GALEGO DA XUNTA, QUE AXUDOU A IMPULSAR AS VENDAS UN 4,5% O PASADO ANO E A RECUPERACIÓN DO EMPREGO ·    “Galicia é a terceira comunidade autónoma española que máis esforzo inversor realiza no comercio de proximidade”, salientou Romero Santiago, 25 de febreiro de 2016.- A viceportavoz do Grupo Popular, Cristina Romero, defendeu hoxe no Parlamento o Plan estratéxico de impulso ao comercio galego posto en marcha pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño, que está a axudar na recuperación deste sector cun incremento de vendas do 4,5 por cento o pasado ano e a recuperación do emprego no comercio de proximidade. Cristina Romero concretou que o obxectivo deste Plan estratéxico de impulso ao comercio galego é “modernizar e incrementar a súa competitividade adaptándose aos novos tempos, todo elo a través de 55 accións específicas para potenciar o smart commerce, impulsar a dinamización, a excelencia e a mellora contínua”. INCREMENTO DE VENDAS “Galicia é a terceira comunidade autónoma española que máis esforzo inversor realiza no comercio de proximidade”, salientou a viceportavoz popular, quen apuntou que “as acertadas políticas adoptadas polo actual Goberno galego permitiron situar a Galicia como…
O titular da Xunta anuncia tamén a aprobación no Consello do inicio do regulamento que desenvolve a Lei do solo, co fin de axilizar ao máximo posible a entrada en vigor de todos os instrumentos de ordenación do territorio Feijóo avanza un investimento de 100 millóns de euros para o sector aeronáutico no aeródromo de Rozas, “a maior aposta industrial que nunca fixo un Goberno da Xunta en Lugo” “Construiremos un parque tecnolóxico industrial con máis de 100 millóns de euros de investimento apostando por un novo sector, e farémolo nunha provincia do interior”, anuncia, lamentando a inacción do partido socialista, “logo de 22 anos no Goberno e falando de Rozas” Garante a aposta polos sectores produtivos galegos: “Atopamos consenso no sector da automoción, coas empresas auxiliares e con PSA-Peugeot Citroën para conseguir dous millóns de furgonetas. Atopamos consenso no sector naval galego e hoxe hai 1.800 millóns de euros en pedidos. Atopamos consenso nas TIC e temos un acordo con todas as empresas, tanto multinacionais como galegas”, lembra Afirma que o Goberno galego seguirá protexendo o sector da pesca, “cunhas vendas de baixura, do cerco e do marisqueo que soben” No tocante ao concurso eólico, destaca que dos 21…

Síguenos nas redes sociais