Santiago, 17 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que avanzou a participación do presidente Alberto Núñez Feijóo nos Congresos autonómicos dos populares andaluces e madrileños, que se celebran esta mesma fin de semana.
Santiago, 31 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou a licitación do proxecto básico e de execución da nova estación intermodal da Coruña, que terá “un período de entrega de doce meses”. Este contrato terá un importe de 600.000 euros, que será aboado integramente polo Goberno autonómico, “aínda que as actuacións van ser cofinanciadas polo Concello”.   Trátase da cuarta intermodal que a Xunta está a fomentar en Galicia, dentro do esforzo por “facer que os autobuses e os trens cheguen ao mesmo sitio e desde alí parta o transporte público ás principais arterias da comunidade autónoma”, segundo dixo Feijóo. O proxecto construtivo da estación intermodal de Vigo xa está a ser redactado, mentres que nos casos de Ourense e Santiago este acaba de licitarse. Tal e como recordou o presidente, a Xunta ten consignados 34,4 millóns de euros, en parte procedentes de fondos europeos, para o fomento da intermodalidade.   A nova estación intermodal da Coruña vaise situar onde está agora mesmo a estación do tren de San Cristóbal e elevarase en altura ata a cota da avenida da Sardiñeira. O edificio terá tres plantas: na baixa estarán os aparcadoiros e a plataforma ferroviaria;…
Santiago, 31 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a reforma da antiga sede da Xunta en Pontevedra, situada na rúa Benito Corbal, co obxectivo de concentrar alí dúas oficinas de emprego que agora mesmo están situadas nun local de alugueiro e para converter o inmoble nun edificio de usos múltiples.   Nesta liña, o mandatario indicou que está prevista unha remodelación integral do edificio, que conta con case 6.000 metros cadrados, está en desuso dende que a Xunta se trasladou ás novas instalacións en Campolongo e lembra que a última reforma no inmoble fíxose xa hai máis de 30 anos.   Por tanto, a proposta da Xunta propón instalar nas primeiras plantas do edificio as oficinas de emprego, unificando nun único espazo a atención ao cidadán e aforrando os 150.000 euros ao ano que custaba o alugueiro das oficinas.   As dúas plantas seguintes poñeranse a disposición de entidades e asociacións de interese social e sanitario para que poidan situar alí as súas oficinas e locais. No que atinxe ás plantas superiores, ofreceranse á Universidade de Vigo para que sitúe nelas os servizos e proxectos que decida.   Segundo Feijóo, con esta actuación…
Santiago, 31 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Consello da Xunta acaba de coñecer a aprobación unha nova liña de axudas destinada a fomentar a creación e desenvolvemento de pequenas empresas non agrícolas no rural, dotada con 3,5 millóns de euros para este 2016. “Sen dúbida é importante impulsar a diversificación do tecido produtivo no noso mundo rural”, explicou o presidente.   Estas axudas son totalmente novas. Teñen como precedente máis próximo unhas axudas para implantar as TIC nas microempresas rurais. Agora “ábrese o abano de posibilidades”, tal e como dixo Feijóo, pois elévase o limiar de persoal (de menos de 10 traballadores a menos de 50) e de facturación anual (de 2 a 10 millóns de euros) para que as empresas poidan acceder ás axudas. Ademais, tamén eliminamos a necesidade de que as empresas estean orientadas a sectores ou actividades concretas.   O importe das axudas alcanzará o 45% do investimento total, cunha achega máxima de 200.000 €, e poderá cubrir proxectos como industrias, fábricas e locais destinados á produción de bens e materiais, agás empresas de maquinaria agrícola e forestal e de servizos enerxéticos; iniciativas de servizos sociais coma…
Santiago, 31 de marzo de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Axencia Galega de Infraestruturas xestionará entre 2016 e 2017 un orzamento de case 500 millóns de euros para conservar, mellorar e ampliar a rede viaria autonómica; “o que supón –aseverou- un 6% máis que nos dous anos anteriores”.   Feijóo lembrou que a Axencia Galega de Infraestruturas concreta a súa actuación en catro grandes obxectivos estratéxicos: exercitar as competencias de planificación e programación en materia de estradas; optimizar a construción de novas infraestruturas viarias e a mellora das existentes; garantir a seguridade no transporte, mellorando as condicións das infraestruturas e dos usuarios; e mellorar o funcionamento e a calidade dos servizos da axencia. E, nese marco, subliñou que a axencia levará a cabo entre 2016 e 2017 varios programas e varias liñas de traballo.   Nun primeiro termo, o mandatario referiuse ao Plan de reforzo de firmes que este ano suporá un investimento de máis de 23 millóns de euros, “e que permitirá o arranxo de 570 quilómetros de estradas, neste 2016”. E precisou, ademais, que na liña de mellora da seguridade viaria e ampliación da rede…
Alberto Núñez Feijóo trasladoulle hoxe ao alcalde de Santiago que a aposta do Goberno galego pola estación intermodal pasa por un traballo coordinado entre as administracións que permita facer realidade o antes posible esta infraestrutura na capital de Galicia. Este foi un dos asuntos principais abordados na reunión que esta mañá mantiveron o presidente autonómico e o rexedor compostelán.   No encontro, Feijóo puxo de manifesto o labor que está a desenvolver a Xunta para dotar Santiago de Compostela dunha auténtica estación intermodal na que sexa posible conectar o transporte colectivo por estrada co ferroviario, unindo ademais os barrios da cidade situados a ambos os lados das vías férreas entre si e coas terminais de autobuses e ferroviarias.   O presidente da Xunta lembrou que a Administración autonómica está a avanzar con determinación nas actuacións da súa competencia, encamiñadas á integración da estación de autobuses na parcela da terminal ferroviaria. E, nese sentido, informou ao alcalde de Santiago da recente adxudicación do proxecto construtivo da nova terminal de autobuses.   Feijóo comprometeu que o proxecto da nova estación de autobuses estará rematado e poderá presentarse neste mesmo ano. Por ese motivo, o titular do Executivo autonómico reclamou a implicación do…
Alberto Núñez Feijóo destacou que Galicia é hoxe unha das comunidades máis solventes: con mellores datos económicos, máis educación pública e con máis servizos públicos, coa atención de 1.100 dependentes máis a partir do mes de abril. “Mantemos un Goberno solvente e estamos intentando sacar Galicia da dobre recesión económica que padecemos durante estes anos”, aseverou, en resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara. Deste xeito, e nun primeiro termo, Feijóo salientou que Galicia ten mellores datos económicos que a maioría das comunidades, reflectidos nun incremento do PIB, no récord de exportacións e no récord do índice de produción industrial; “e onde había paro e baixas de afiliación á Seguridade Social, agora hai emprego -23.000 parados menos- e se incrementaron as altas”, engadiu. No tocante aos servizos públicos, o titular do Goberno galego aseverou que este ano 2016, o 70% dos galegos terán na súa área sanitaria un hospital novo ou un hospital reformado. E, no eido da dependencia avanzou que a partir do mes de abril atenderanse a 1.100 dependentes máis, lembrando así mesmo que se en 2009 a ratio de atención era do 30%, actualmente é do 64%. “E temos tamén máis educación pública, con menos…
Alberto Núñez Feijóo adiantou hoxe que a Xunta levará ao Parlamento unha nova lei para garantir o normal funcionamento do transporte público de viaxeiros por estrada en Galicia, logo de que o Tribunal Supremo anulase a prórroga das concesións autorizadas pola Administración autonómica a través da Lei de medidas urxentes de novembro de 2009, concretada na posterior resolución da Dirección Xeral de Mobilidade de febreiro de 2010.   O mandatario galego lembrou que ese texto actuou para garantir o funcionamento do servizo público ante a entrada en vigor do novo regulamento comunitario sobre a materia. E apuntou que desde 2007 o bipartito coñecía o dito regulamento e só foi quen de aprobar varios borradores de lei, polo que Galicia se expoñía a perder todas as concesións de transporte interurbano aprobadas ata o momento.   Pola contra, sinalou que a Xunta, coa norma de 2009, deu unha resposta ao sector nun prazo de sete meses, pactando con el unha solución similar á de outras 12 comunidades autónomas que establecía unha prórroga de dez anos para as distintas concesións. Un procedemento, dixo, que foi considerado conforme a dereito polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. “Como consecuencia de que cando tomamos posesión…
O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR DIRIXIDA A POÑER EN MARCHA UN SISTEMA DE MELLORA DAS COTIZACIÓNS PARA OS TRABALLADORES DO MAR ·    Entre outras vantaxes, o novo modelo de cotización fará posible un aumento considerable da dotación económica das pensións que estes traballadores recibirán unha vez que accedan á xubilación ·    Dun réxime similar a este xa se benefician os traballadores autónomos e agrarios que poden escoller unha base de cotización variable en función das súa situación económica, expectativas de beneficio ou circunstancias particulares Santiago, 30 de marzo de 2016.- A iniciativa impulsada polo Grupo Popular dirixida á poñer en marcha un sistema de mellora voluntaria do réxime de cotización á Seguridade Social dos traballadores do Mar foi aprobada esta mañá no Parlamento de Galicia co voto favorable dos deputados populares e o apoio do Grupo Socialista e do Grupo Mixto. O voceiro de pesca dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, agradeceu o respaldo recibido e puxo en valor un acordo que busca impulsar os cambios normativos que sexan precisos para ampliar e perfeccionar o sistema de protección social e laboral dos traballadores do mar e facelo, tras un proceso de diálogo co sector no que…

Síguenos nas redes sociais