Santiago, 11 de maio de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe no Parlamento que o Goberno central inclúa a Podoloxía na carteira básica do Sistema Nacional de Saúde, dotándoa dun financiamento xusto e necesario para a súa posta en marcha e desenvolvemento. Así mesmo, Núñez Centeno avogou porque a Consellería de Sanidade remate o estudo que se está a levar a cabo para asinar e poñer en marcha un convenio ou acordo de colaboración co Colexio de Podólogos para realizar actividades conxuntas, do mesmo xeito que se está a facer noutras comunidades autónomas nas que existe este servizo. SOLUCIÓN TEMPORAL “Pensamos que este convenio, do que se falou nunha reunión entre representantes do Colexio Profesional de Podólogos de Galicia e da Consellería, pode solucionar temporalmente a situación da podoloxía, ata que no Consello Interterritorial se aprobe a inclusión da podoloxía na carteira común de servizos”, manifestou. Núñez Centeno afirmou que, diante do compromiso dos catro grandes partidos en Madrid, PP,PSOE, Podemos e Ciudadanos, de impulsar no interterritorial a inclusión da podoloxía da carteira común, non ten moito sentido abordar neste intre a inclusión dos servizos de podoloxía na carteira complementaria”.
Ferrol, 31 de maio de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que Xoaquín Fernández Leiceaga traballará arreo para conseguir o mesmo obxectivo que tiña hai 20 anos, cando militaba no BNG: facer presidente da Xunta de Galicia a Xosé Manuel Beiras.    O dirixente popular admitía que se o PSOE tivo algunha oportunidade de manterse alleo á influencia das Mareas perdeuna coa vitoria de Leiceaga fronte a José Luis Méndez Romeu nas primarias dos socialistas galegos. Así mesmo, salientou a coherencia política e ética de Romeu, que esta mesma mañá dimitía como portavoz parlamentario do PSdeG.    E é que, segundo o secretario xeral dos PPdeG, os socialistas están agora máis cerca do actual Pablo Iglesias que do Pablo Iglesias que fundou o PSOE.    Neste sentido recordou que en Ferrol gobernan as Mareas pese a que o PP ten o dobre de concelleiros e o dobre de votos. Para Tellado, esta situación será a ruína dos socialistas en Galicia: “Sestayo fixo alcalde a Suárez pero Iglesias non fixo presidente a Sánchez”, apuntaba ao admitir que estes feitos amosan o baixo que está o listón do PSOE na nosa comunidade. O dirixente po PPdeG tamén asegurou que…
Para o secretario xeral do PPdeG, “gañou o candidato oficialista, que vai permitir a Besteiro seguir sendo a man que mece o berce do socialismo desde a sala de espera dos xulgados”   Miguel Tellado afirma que “o PSdeG converteuse nun bipartito en si mesmo en Galicia” logo da celebración das primarias    • “O gran derrotado destas primarias é Abel Caballero. O seu liderado quedou totalmente roto e agora non hai dinoseto que repare a súa honra despois desta debacle que sufriu”   Santiago, 29 de maio de 2016.- O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Tellado, afirmou  hoxe en Ferrol que “o Partido Socialista converteuse nun bipartito en si mesmo en Galicia” logo da celebración das primarias. “Onte gañou Leiceaga, o candidato oficialista bendicido por Pedro Sánchez e que vai permitir que Besteiro poida seguir sendo a man que mece o berce do socialismo galego dende a sala de espera dos xulgados de Lugo”, manifestou.   Tellado afirmou que o resultado das primarias “constata a división e fractura interna do PSdeG” e apuntou que os socialistas galegos atoparon un camicace para presentar ás eleccións galegas e que supere o peor resultado da historia dos socialistas galegos…
O secretario xeral do PPdeG participou esta mañá na clausura da convención de concelleiros da provincia de Pontevedra   Miguel Tellado asegura que “o ganador das primarias do PSOE en Galicia será a Marea”    • “Á única militancia á que teñen ilusionado con este proceso é a do PP, que vai traballar con máis intensidade para que este tipo de espectáculos queden circunscritos á vida interna dalgúns partidos, pero que non cheguen nunca á Xunta”, sinalou   Moraña, 28 de maio de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou esta mañá en Moraña que “o ganador das primarias do Partido Socialista en Galicia será a Marea”. “Son primarias a vicepresidente dunha Galicia na que Feijóo perda a maioría absoluta e Beiras sexa presidente”, afirmou.   No acto de clausura da Convención de concelleiros da provincia de Pontevedra, Tellado indicou que “hoxe acaba o reality televisado do Partido Socialista en Galicia”. Neste sentido, apuntou que “levamos semanas de puñaladas retransmitidas no seo do PSdeG, puñaladas nunha loita entre quen quere quedarse e quen quere volver”.    “Á única militancia á que teñen ilusionado con este proceso é a do Partido Popular, que vai traballar con máis intensidade para…
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016.- A coordinadora interparlamentaria do PPdeG, Paula Prado, asegurou que os alcaldes das Mareas son “os curandeiros da política” e explicou que, tras prometer recetas máxicas imposibles de levar a cabo para resolver os problemas dos cidadáns, agora están perdendo efecto e a xente empeza a decepcionarse ao ver que amosan a peor cara da vella política.  Nesta liña, lembrou que se acaba de cumprir un ano da entrada de partidos radicais nas institucións locais e autonómicas e que, en Galicia, observamos como son incapaces de xestionar cousas tan básicas como un concurso de Comedores escolares, un problema de contaminación da auga do seu Concello, ou mesmo tapar as fochancas das estradas e arranxar as baldosas das beirarrúas.  Paula Prado afirmou tamén que as Mareas incumpriron sistematicamente as súas promesas electorais e fan o contrario do que dixeron. Así, indicou que, se ben antes dicían que había que sacar ás empresas das institucións públicas porque eran nichos de corrupción e había que municipalizar servizos, o único que foron quen de levar a cabo foi a externalización da democracia. Nese sentido puxo como exemplo o acontecido no concello de Santiago, onde se contratou unha…
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016.- A coordinadora interparlamentaria do PPdeG, Paula Prado, asegurou que os alcaldes das Mareas son “os curandeiros da política” e explicou que, tras prometer recetas máxicas imposibles de levar a cabo para resolver os problemas dos cidadáns, agora están perdendo efecto e a xente empeza a decepcionarse ao ver que amosan a peor cara da vella política. Nesta liña, lembrou que se acaba de cumprir un ano da entrada de partidos radicais nas institucións locais e autonómicas e que, en Galicia, observamos como son incapaces de xestionar cousas tan básicas como un concurso de Comedores escolares, un problema de contaminación da auga do seu Concello, ou mesmo tapar as fochancas das estradas e arranxar as baldosas das beirarrúas. Paula Prado afirmou tamén que as Mareas incumpriron sistematicamente as súas promesas electorais e fan o contrario do que dixeron. Así, indicou que, se ben antes dicían que había que sacar ás empresas das institucións públicas porque eran nichos de corrupción e había que municipalizar servizos, o único que foron quen de levar a cabo foi a externalización da democracia. Nese sentido puxo como exemplo o acontecido no concello de Santiago, onde se contratou unha…
Santiago, 26 de maio de 2016.- Alfonso Rueda anunciou a activación do programa Principia, que vai apoiar que as empresas e centros de coñecemento galegos (como universidades, fundacións e centros tecnolóxicos) contraten ata 300 investigadores menores de 35 anos.   “Esta medida vai orientada a aqueles mozos e mozas cun ano ou menos de experiencia laboral na súa categoría profesional”, explicou Rueda. Cada entidade poderá solicitar axudas para financiar ata 10 contratos, cunha duración mínima dun ano e un importe bruto anual de, polo menos, 24.000 euros. A Xunta dedica ao programa Principia tres millóns de euros, cos que apoiará cada contrato con 10.000 euros.   Deste xeito, o Goberno autonómico cumpre unha das medidas para canalizar os fondos extra dos que dispoñemos por cumprir o déficit, tal e como se comprometeu o presidente hai dúas semanas: ampliar de 200 a 300 o número de investigadores a contratar.   As actividades que desenvolverán estes 300 mozos e mozas deberán desenvolverse en Galicia e en tarefas relacionadas cos retos e prioridades da Estratexia de especialización intelixente de Galicia-RIS3. A convocatoria do programa Principia publicarase nos vindeiros días e o prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a partir da…
Santiago, 26 de maio de 2016.- Alfonso Rueda avanzou hoxe que o Consello deu o visto e prace ao Plan de Incendios Forestais para 2016 (Pladiga), co fin de actuar en todas as frontes necesarias para, en primeiro lugar, evitar ao máximo posible os lumes e, en segundo lugar, reducir os danos que se produzan.   Rueda detallou os tres aspectos máis relevantes do texto. Así, sinalou que se mantén o dispositivo de vixilancia e extinción do pasado ano. Para esta campaña, o dispositivo estará composto por 5.700 persoas, ao que hai que sumar persoal do Ministerio, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ata completar un operativo de máis de 7.000 efectivos.   No relativo aos medios materiais, o vicepresidente da Xunta precisou que se contará cunha trintena de medios aéreos, entre os propios da Xunta e os que achega o Estado; e 360 motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.   Así mesmo, Rueda avanzou que se incorporan algunhas adaptacións necesarias respecto a normativas aprobadas neste eido. A máis importante ten que ver coa ampliación a 3 anos da duración dos convenios entre…
Santiago, 26 de maio de 2016.- O novo Plan Galego de Estatística 2017-2021 busca consolidar o sistema estatístico de Galicia, ao tempo que permitirá avanzar na transparencia, na accesibilidade dos datos que subministra e na calidade da información que proporciona.   Así o avanzou hoxe Alfonso Rueda, quen ficou na importancia de dispor dunha información estatística de calidade, imprescindible para tomar decisións dun xeito obxectivo e con todos os datos.   Como especificou, para cada un destes obxectivos, o Instituto Galego de Estatística coordinará os seus esforzos para aumentar a claridade e visibilidade da estatística oficial.   Así mesmo, engadiu que se reforzará a colaboración cos sistemas estatísticos da Administración xeral do Estado e da Unión Europea en aras da coordinación. Ademais, así garántese o uso eficiente dos recursos públicos e a comparabilidade da información elaborada por distintos organismos estatísticos.   Por outra banda, Rueda avanzou que o novo plan estatístico contempla a obriga de considerar a perspectiva de xénero en toda a información estatística que se facilite. Do mesmo xeito, o compromiso co principio de calidade na información estatística se manifesta neste novo plan na fixación de obxectivos concretos sobre a relevancia, sobre a precisión que teñen que ter…

Síguenos nas redes sociais