Santiago, 26 de maio de 2016.- Por terceira semana consecutiva, o Consello da Xunta volveu deliberar sobre o uso que darlle aos fondos extra dos que dispón Galicia grazas ao cumprimento do déficit. Despois de aprobar un primeiro paquete de prioridades destinado á infancia e á mocidade e un segundo orientado a mellorar as condicións de vida das familias galegas en diferentes ámbitos, hoxe anunciouse un novo paquete de medidas orientado a reforzar o noso tecido produtivo e a xerar emprego. Trátase, segundo anunciou Alfonso Rueda, de 27 millóns de euros orientados a facilitar financiamento a pemes e emprendedores e a crear 700 empregos na contorna rural. As liñas de financiamento artellaranse a través de préstamos e avais do Igape. Suman 20 millóns, que permitirán mobilizar 100 millóns neste 2016. O primeiro destes instrumentos financeiros apoiará ata o 70% do investimento a realizar. O segundo amplía os fondos destinados a facilitar o acceso ao capital a través da achega de garantías, tanto a través das sociedades de garantía recíproca como de avais do Igape. “O obxectivo, en definitiva, está claro: que ningún proxecto que sexa viable das nosas pequenas e medianas empresas deixe de facerse realidade porque falta o financiamento”,…
Sobre o aniversario dos novos gobernos locais, o portavoz popular dixo que “onde hai estabilidade e un goberno que ten apoios e capacidade de tomar iniciativas as cousas van mellor PEDRO PUY AFIRMA QUE GALICIA “ESTÁ BLINDADA ESTE ANO CONTRA A EXISTENCIA DE NOVOS RECORTES PORQUE HAI MARXE” AO TER CUMPRIDO O DÉFICIT NOS ÚLTIMOS ANOS ·    Respecto do Pleno desta semana, explicou que “levamos iniciativas de desenvolvemento económico e propostas e debates sobre actuacións futuras no ámbito da protección social de quen máis o precisa como consecuencia da crise” ·    “Chama a atención que o PSOE só entenda a posibilidade de pactar nunha única dirección e cun único obxectivo, atándose de mans e pes e entregándose a unha única alternativa que lle esixe un prezo que non pode pagar”, dixo Santiago, 23 de maio de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “a Comunidade galega está blindada este ano contra a existencia de novos recortes porque hai marxe” logo de ter cumprido o obxectivo de déficit nos últimos anos. Respecto do primeiro aniversario dos novos gobernos municipais, Puy manifestou que “as improvisacións e as minorías que se creen con capacidade de gobernar como se tivesen…
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2016.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que as primarias do PSdeG, téñense convertido nun reality televisivo protagonizado por dous candidatos: un que pelexa para continuar, José Luis Méndez Romeu, e outro que o fai para volver, Xoaquín Fernández Leiceaga, dos que afirmou que están máis centrados en intereses personalistas que nos de Galicia. Así se expresou o dirixente tralo primeiro comité de dirección do partido despois do XVI Congreso autonómico e que foi presidido por Alberto Núñez Feijóo. Tellado tamén se pronunciou sobre as declaracións realizadas por Méndez Romeu nas que falaba de “pactos de perdedores” referíndose aos seus opoñentes nas primarias socialistas Fernández Leiceaga e Gonzalo Caballero: “que sexan os socialistas os que utilicen esta expresión é unha burla á xente que lee os periódicos”.  “Os pactos de perderes é o que o PSOE leva promovendo en Galicia e no conxunto de España para evitar que gobernen os que gañan. Sorprende que Méndez Romeu reivindique para o seu partido o que non dan ás institucións”, engadiu.  Do mesmo xeito, tamén aseverou que lle resultaba sorprendente que Abel Caballero, “que é o que parece que manda agora no PSdeG”, busque…
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2016.- O secretario do PPdeG e director de campaña para as vindeiras eleccións xerais, Miguel Tellado, asegurou que os populares farán unha campaña que aposte por maiores fórmulas de participación, facendo menos mítines, con máis presenza na rúa, máis conversa cos veciños, e con “menos moqueta e máis beirarrúas”.  Tras presidir o primeiro Comité de Campaña do PPdeG para os próximos comicios nacionais, o dirixente admitiu que xa teñen en marcha toda a maquinaria electoral do partido nas catro provincias para permitirlles sacar os resultados que merece o PPdeG, que é a primeira forza política na nosa comunidade. Nesta liña, indicou que traballan no deseño dunha campaña que vai vir marcada polo clima xa que non é mesmo facer unhas eleccións en decembro que en xuño, podendo aproveitar as posibilidades climatolóxicas para sacar a campaña á rúa.  Tellado tamén apuntou que os populares explicarán nestes comicios cal é o seu proxecto de futuro para o país e cales son os riscos que corre España se cae en mans dun partido como Podemos ou dunha coalición -necesaria para evitar que goberne o PP- que estaría formada polo partido de Pablo Iglesias, o PSOE e…
Santiago, 19 de maio de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a convocatoria de preto de 700 accións formativas, adaptadas ás necesidades do tecido empresarial, que teñen como obxectivo formar a máis de 10.000 persoas sen emprego. Estes cursos teñen tres modalidades segundo o lugar onde se desenvolvan: en centros e entidades de formación, nos centros públicos de formación profesional e no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, situado no barrio compostelán de Conxo.   Nos dous primeiros tipos de centros vanse realizar cursos de 450 horas de media para formar 9.000 persoas, que obterán un certificado de profesionalidade homologado. Priorízanse materias como soldadura, caldereiría, estruturas metálicas e deseño da industria naval, debido ao aumento da carga de traballo nos estaleiros galegos. “Está constatado que hai distintas áreas, sobre todo na Ferrol, onde temos dificultades para contratar soldadores en aceiro que estean á disposición da industria eólica mariña”, explicou o presidente. Tamén se farán cursos orientados á internacionalización, o emprendemento ou o desenvolvemento tecnolóxico.   A formación TIC, que chegará a 1.000 persoas ao longo de 3.270 horas, ten como obxectivo que os alumnos obteñan certificacións oficiais de fabricante, que acreditan que son quen de empregar…
Santiago, 19 de maio de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, destacou que o Consello deu o visto e prace a un convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Fomento, a Xunta, o Concello de Ourense e a entidade pública empresarial Adif-Alta Velocidade para executar e desenvolver a nova estación de autobuses da cidade das Burgas. Trátase de configurar un nó de intercambio modal coa estación ferroviaria e outros medios de transporte de viaxeiros.   O dirixente popular galego sinalou que os obxectivos fundamentais son principalmente tres: promover o uso do transporte público; mellorar a permeabilidade da cidade no entorno; e dotar á estación ferroviaria das instalacións necesarias para a chegada da alta velocidade no ano 2018.   Logo de indicar que, a través deste acordo, cada institución terá diversos compromisos, Feijóo especificou que a Xunta encargarase de redactar os proxectos, executar e financiar as obras da estación de autobuses integrada na estación intermodal, así como de redactar o proxecto, executar as obras e tamén financiar unha porcentaxe do novo aparcadoiro de turismos.   Do mesmo xeito, terá que obter os solos necesarios para a nova estación de autobuses e indemnizar aos arrendatarios dos contratos que teña…
Santiago, 19 de maio de 2016.- Logo de que a semana pasada se concretase dentro do superávit de responsabilidade, o primeiro paquete de prioridades dirixido aos nenos e aos mozos, Feijóo avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, un novo paquete de medidas co obxectivo de mellorar as condicións de vida das familias galegas en distintos eidos. “Destinamos deste xeito entre 58 e 60 millóns de euros do total dos recursos dispoñibles a catro grandes bloques de actuación: no ámbito da saúde, en materia de servizos sociais, en materia de vivenda e en materia de lecer”, precisou, asegurando que boa parte destes recursos destinaranse a continuar mellorando as prestacións da Sanidade Pública e as súas instalacións. Con este obxectivo, explicou que se destinarán máis de 24 millóns de euros a tres medidas fundamentais. A primeira delas, a de incrementar a actividade asistencial, co obxectivo de rebaixar as listas de espera en consultas externas, en probas diagnósticas e cirúrxicas. En segundo lugar, axilizarase a entrada en funcionamento de 24 novos centros de saúde. E, neste ano entrarán en funcionamento 12 novos ambulatorios públicos: Buño (Malpica), Villarrodís (Arteixo), Corveira (Culleredo), Temple (Cambre), As Neves (A Capela), Galeras (Santiago), Outeiro (Pontedeva), O…
A sesión plenaria da vindeira semana inclúe a comparecencia dos conselleiros do Mar e de Política Social O GRUPO POPULAR DEFENDERÁ NO PLENO A EXECUCIÓN DA AUTOVÍA DO MORRAZO E O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE APOIO Á PESCA ARTESANALSantiago, 18 de maio de 2016.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana que a Xunta de Galicia teña en execución no presente ano os dous primeiros tramos da autovía do Mormazo, así como aprobado o proxecto do terceiro treito, ao tempo que instará á Consellería de Sanidade a desenvolver o Plan de apoio á pesca artesanal dirixido a mellorar a competitividade deste segmento da flota. A orde do día da sesión plenaria incorpora 29 asuntos, dos que o 80 por cento son a iniciativa dos grupos da oposición. Ademais, o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, apuntou que o 55 por cento das iniciativas son de control e o 38 por cento de impulso ao Goberno. “Queda demostrado, unha vez máis, que a oposición ten moito que dicir no Pleno e moitas posibilidades para traer á Cámara o que estime oportuno, ao tempo que a maioría non usa o Parlamento para facer propaganda, indicou”. COMPARECENCIAS A sesión plenaria inclúe…
Indica que o obxectivo é aumentar o voto urbano e para iso intensificarán a coordinación co partido nos concellos de máis de 30.000 habitantes Tellado: “Explicaremos á cidadanía o que fixo o PP e o que están facendo as Mareas, cuxa xestión é unha fochanca en si mesma” • Di que o 26-X a sociedade coñecerá mellor ás alternativas políticas do que as coñecía o pasado decembro, por iso cren que os resultados poden ser distintos • “Pablo Iglesias non sería mellor presidente que Mariano Rajoy e Xosé Manuel Beiras non sería mellor presidente que Alberto Núñez Feijóo”, asegura Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016.- O secretario xeral do populares galegos, Miguel Tellado, asegurou que o obxectivo do seu partido de cara ás vindeiras eleccións xerais é explicarlle á cidadanía o traballo que fixo o PP e o que non están facendo as Mareas, cuxa xestión “é unha fochanca en si mesma”. Tras reunirse con representantes do partido das cidades galegas e dos concellos de máis de 30.000 habitantes, Tellado explicou que pretenden  desenmascarar a nula xestión das Mareas, para o que intensificarán a coordinación e establecerán canles de comunicación nos distintos ámbitos do partido, aproveitando sinerxías para…

Síguenos nas redes sociais