Historia

HISTORIA
HISTORIA

  • pic
  • pic
  • pic
  • pic
  • pic


  • Inicios

    A idea que máis tarde daría lugar ao Partido Popular xerouse a comezos dos anos setenta por iniciativa dun grupo de persoas liderado por Manuel Fraga Iribarne. O obxectivo que perseguían era o de crear e artellar unha organización de carácter reformista e con ideoloxía de centro, que constituíse unha nova alternativa política para a sociedade española.
  • 9 de outubro de 1976

    Con esta teima, inscríbese no Rexistro de Asociacións Políticas do Ministerio da Gobernación a Asociación Política Reforma Democrática, que formaría parte da federación de asociacións políticas Alianza Popular, tamén fundada en setembro dese mesmo ano por Manuel Fraga e que integraba así un total de sete formacións ás que se lle irían engadindo outros partidos.
  • Marzo de 1977

    No Congreso Nacional constituínte de Alianza Popular como federación de partidos, celebrado en marzo de 1977, noméase a Manuel Fraga como Secretario Xeral da institución.
  • 1979-1980

    Dous anos máis tarde, en xaneiro de 1979, presentaría un primeiro texto estatutario para Galicia, que celebraría un Referendo do Estatuto de Autonomía o 20 de decembro de 1980.
  • 1981-1987

    O ano seguinte, concretamente un 20 de outubro de 1981, teñen lugar as primeiras eleccións autonómicas nas que Xerardo Fernández Albor, que encabezaba a lista de Alianza Popular, sae elixido presidente electo de Galicia. Sen embargo, unha moción de censura presentada polos socialistas faille abandonar a Presidencia o 27 de setembro de 1987.
  • Nacemento do Partido Popular

    En maio de 1988, celébrase un Congreso Extraordinario de Alianza Popular no que se proclama como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia a Manuel Fraga, que sería reelixido no IX Congreso Nacional de 1989. Neste acto, denominado da Refundación, nace o Partido Popular como o coñecemos hoxe.
  • Manuel Fraga, Presidente da Xunta

    No ano 1989, un 17 de decembro, celébranse as terceiras eleccións autonómicas nas que o Partido Popular obtén unha maioría absoluta e, polo tanto, Manuel Fraga pasa a ser o Presidente da Xunta de Galicia.
  • Goberno de Manuel Fraga

    A partir dese momento e durante os seguintes 16 anos, o Partido Popular, con Manuel Fraga á cabeza, non abandonaría a Presidencia da Xunta de Galicia. A maioría absoluta do partido revalidouse, polo tanto, nas eleccións do 17 de outubro de 1993, nas do 19 de outubro de 1997, e nas do 1 de outubro do 2001, gobernando así en catro lexislaturas consecutivas.
  • Primeiras 3 lexislaturas (1989-2001)

    Durante as tres primeiras lexislaturas, algúns dos feitos máis destacados do Partido Popular serían a elección de Cuíña Crespo como Secretario Xeral o 6 de xullo de 1990, a celebración en decembro de 1991, do Congreso Extraordinario da integración de Centristas de Galicia ou a elección de Xesús Palmou como Secretario Xeral no X Congreso celebrado en outubro de 1999.
  • Cuarta lexislatura (2001-2005)

    Na cuarta lexislatura, concretamente o 10 de setembro do 2004, Manuel Fraga nomea como vicepresidentes da Xunta de Galicia a Xosé Manuel Barreiro, Conselleiro de Medio Ambiente, que sería o Vicepresidente segundo, e a Alberto Núñez Feijóo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que sería o Vicepresidente Primeiro.
  • XII Congreso do PPdeG

    No XII Congreso do PPdeG, celebrado o 23 de outubro do 2004, Manuel Fraga é elixido novamente Presidente e Xesús Palmou, Secretario Xeral.
  • Eleccións 2005

    Trala derrota electoral, o 4 de novembro do 2005, Alberto Núñez Feijóo, portavoz adxunto do Grupo Parlamentario Popular, anuncia a súa precandidatura ao Congreso para a sucesión de Manuel Fraga, que se celebraría en xaneiro do 2006.
  • XIII Congreso do PPdeG

    No XIII Congreso do PPdeG, Feijóo é elixido presidente cun 96% de apoios no congreso dun partido político con maior participación da historia de Galicia. Alfonso Rueda ocuparía a Secretaría Xeral, Xosé Manuel Barreiro a Vicepresidencia e Manuel Fraga sería proclamado Presidente de Honra Vitalicio.
  • Proclamación de Alberto Núñez Feijóo

    O 23 de novembro de 2008, o Partido Popular de Galicia celebra o acto de proclamación do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, coa participación de máis de 5.000 afiliados.
  • Eleccións 2009

    A recompensa ao esforzo do PPdeG e ao seu eficaz programa electoral viría o 1 de marzo de 2009 coas eleccións autonómicas, cando despois de catro anos na oposición, os populares gañan as eleccións e retoman as rendas da Xunta de Galicia con maioría absoluta.
  • Toma de goberno

    O 20 de abril dese mesmo ano, o PPdeG toma posesión do Goberno e comeza a poñer en marcha as actuacións que recolle o seu programa electoral.
  • XIV Congreso do PPdeG

    Posteriormente, en maio dese mesmo ano, o PPdeG celebra o seu XIV Congreso, onde Alberto Núñez Feijóo volve saír reelixido presidente do partido, con Alfonso Rueda novamente á fronte da Secretaría Xeral e Antonio Rodríguez Miranda estréandose como voceiro.
  • Eleccións europeas 2009

    O PPdeG, recén renovado, volvía conseguir outra gran vitoria nas eleccións europeas de xuño, subindo un 2,29% os apoios con respecto ás autonómicas.
  • Eleccións municipais 2011

    Dous anos despois, nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011, o PPdeG acadou outra vitoria incontestable logrando 46 alcaldías máis da que tiña ata o momento, de xeito que 216 de 315 concellos contan hoxe cun alcalde do PP.
  • Eleccións municipais 2011

    Así mesmo, se despois do 2007 os populares non contaban con ningunha alcaldía en ningún gran núcleo urbano en Galicia, en 2011 remataron coa hexemonía do PSOE nas cidades da Coruña e Santiago; lograron a primeira maioría absoluta da historia en Ferrol, e Vilagarcía conta, por fin, cun alcalde popular.
  • Eleccións xerais 2011

    As eleccións xerais do 20 de novembro dese mesmo ano volveron revalidar a confianza dos galegos nos populares, de xeito que, en Galicia, o PPdeG subiu un deputado por provincia, logrando ata 15 escanos.
  • Eleccións 2012

    Nas eleccións autonómicas do 21 de outubro de 2012, Galicia volveu expresarse con contudencia nas urnas outorgándolle novamente aos populares galegos a tarefa de seguir levando o timón da Xunta, de forman que o PPdeG non só mantivo os seus escanos senón que conseguiu tres máis, contando con 41 deputados na Cámara galega.
  • XV Congreso do PPdeG

    En xaneiro de 2013 ten lugar o XV Congreso autonómico do partido no que Alberto Núñez Feijóo volve revalidarse como presidente do PPdeG e volve depositar a súa confianza en Alfonso Rueda como secretario xeral do partido. Así mesmo, reduce a unha as Vicesecretarías da formación e entrégalla a Agustín Hernández, ao tempo que deposita en Paula Prado a responsabilidade da Portavocía.
  • 2014-2015

    Os resultados electorais acadados nas diferentes eleccións en 2014 e 2015, onde o PPdeG gaña amplamente as eleccións pero cunha vantaxe menor á de outras ocasións, levan ao partido a asumir un proceso de renovación e de reconexión coa sociedade.
  • Cambio de políticas

    A formación realiza un cambio de políticas e actitudes que desembocan nunha recuperación da confianza dos galegos, que incrementan o seu nivel de respaldo ao PPdeG en máis de catro puntos entre as eleccións xerais de decembro de 2015 e as de xuño de 2016.
  • Rexeneración do partido

    O cambio de actitudes e políticas vai acompañado dun cambio de persoas. Así, nos primeiros compases do ano 2016 celébranse os catro congresos provinciais, que resultan na renovación de tres dos catro presidentes do partido nas catro provincias.
  • XVI Congreso do PPdeG

    Este periodo remata coa celebración en maio de 2016, do XVI Congreso autonómico, no que Feijóo volta a ser proclamado presidente do partido e Miguel Tellado toma o relevo de Alfonso Rueda como secretario xeral.


  • pic
  • pic
  • pic
  • pic
  • pic
  • pic

Síguenos nas redes sociais