Logo XVII Congreso do PPdeG

Novas do 18º Congreso

Cronograma do 18º Congreso

Cronograma do 18º Congreso

DESCARGA ESTE DOCUMENTO EN PDF AQUÍ

 

Pontevedra, sábado 21 e domingo 22 de maio

 

Convocatoria do XVIII Congreso Extraordinario

  • Luns 18 de abril.- Convocatoria do XVIII Congreso Extraordinario do PPdeG pola Xunta Directiva de Galicia

 

Inscrición como participante (só os afiliados inscritos poden votar nas Asembleas e ser candidatos a compromisarios)

  • Martes 3 de maio- Último día para que os afiliados se inscriban para participar no Congreso e se poñan ao corrente do pago das cotas.

 

Elección de compromisarios 

  • Luns 25 de abril.- Data límite para que o Presidente/a provincial publique a convocatoria de celebración das asembleas

 

  • Xoves 5 de maio.- Finalización do prazo de presentación de solicitudes de afiliados para ser candidatos a compromisario.

 

  • Martes 10 de maio.- Celebración de asembleas para a elección de compromisarios. cando o número de candidatos supere o de compromisarios a elixir

 

Presentación de candidaturas á Presidencia do PPdeG

  • Xoves 28 de abril.- Remata o prazo para a presentación de candidaturas á Presidencia do PP de Galicia ante a C.O.C. (90 sinaturas de afiliados)

 

  • Venres 29 de abril.- Proclamación das candidaturas presentadas

 

  • Sábado 30 de abril ao luns 9 de maio.- Campaña electoral interna

 

Celebración do Congreso

  • Sábado 21 e Domingo 22 de maio.- Celebración do XVIII Congreso Extraordinario do PPdeG

 

18 CONGRESO DO PP de Galicia

Na reunión da Xunta Directiva de Galicia celebrada o 18 de abril convocouse o XVIII Congreso do PPdeG, que terá lugar os días 21 e 22 de maio de 2022, en Pontevedra

Para a participación no proceso congresual e poder votar ao candidato/a á presidencia do PPdeG e aos candidatos a compromisarios, é imprescindible a previa inscrición como elector.

Na medida en que moitos afiliados realizaron recentemente a súa inscrición para participar no XX Congreso Nacional, e co obxectivo de simplificar o procedemento e de minimizar riscos para a saúde, a C.O.C. acordou declarar automáticamente inscritos como electores aqueles afiliados cuxa solicitude fose aceptada para o recente Congreso Nacional.

O prazo para a inscrición no 18º Congreso do PPdeG rematou o martes, 3 de maio ás 20:00 h.