MARTÍN FERNÁNDEZ PRADO

05
Mar

MARTÍN FERNÁNDEZ PRADO

Lugo (1966). Doutor Arquitecto en Urbanismo, é profesor de Urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Máster de Arquitectura en Urbanismo pola Universidade de Harvard.

Foi director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia (2003-2005). Foi tenente de alcalde de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas no Concello da Coruña (2011-2015). Desde 2011 é concelleiro na cidade da Coruña.

Coordinador de territorio-infraestruturas do PPdeG desde 2006 ata 2016. Membro das distintas direccións do PP da Coruña e da cidade da Coruña no período do 2005 ata a actualidade.

Na X Lexislatura no Parlamento de Galicia foi presidente da Comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e voceiro do GPP na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.

Comparte: