Feijóo di que hai que parar o desmantelamento que o Goberno de Sánchez está facendo en Ferrolterra
Venres, 26 Febreiro 2021 20:16ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE
Naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canles e Portos pola Universidade da Coruña.
Tras terminar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que en 2003 incorpórase ao organismo autónomo Augas de Galicia.
Ethel Vázquez asume a presidencia de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) da Xunta de Galicia en abril de 2009, cargo, que exerceu ata ser nomeada directora xeral de Infraestruturas en setembro de 2010. En abril de 2011 asume a presidencia da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia.
En xaneiro de 2012 foi nomeada Directora da Axencia Galega de Infraestruturas.
Desde 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Desde outubro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleira de Infraestruturas e Vivenda.
Desde setembro de 2018 é conselleira de Infraestruturas e Mobilidade.