PEDRO PUY FRAGA

05
Mar

PEDRO PUY FRAGA

Granada (1962). Doutor en Dereito, é profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela (Área de Economía Aplicada), Facultade de Dereito da USC. Autor e coordinador de sete libros e autor de máis de cincuenta capítulos en libros colectivos, artigos e notas en revistas especializadas.

Foi director xeral de Relacións Institucionais da Consellería de Presidencia na VI Lexislatura (2002-2005) e, nesa condición, secretario da Comisión Mixta de Transferencias e da Comisión Bilateral Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia.

Conselleiro do Consello de Contas de Galicia, por designación do Parlamento de Galicia , desde o ano 2007 ata o 2009. Deputado no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, na que foi voceiro de Economía e vicevoceiro do Grupo Popular, e desde marzo do 2011 voceiro do Grupo Parlamentario Popular. Deputado na IX Lexislatura, na que foi voceiro do Grupo Popular e voceiro de Economía. Coordinador dos programas electorais cos que o PPdeG concorreu ás eleccións autonómicas de 2009, 2012 e 2016.

Na X Lexislatura é voceiro do Grupo Popular, na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, e na Comisión de investigación das antigas caixas de aforros.

Comparte: