FABIOLA GARCÍA MARTÍNEZ

05
Mar

FABIOLA GARCÍA MARTÍNEZ

Naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. 

Previamente, desde decembro de 2016 ata o seu nomeamento como conselleira de Política Social, exerceu como directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade nesta mesma Consellería.

E desde xuño de 2015 ata decembro de 2016 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultural.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal dun despacho de avogados. Como formación complementaria, ten o máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e o diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.

Desde setembro de 2018 desempeña o cargo de conselleira de Política Social na Xunta de Galicia.

Comparte: