CRISTINA SANZ ARIAS
Licenciada en Ciencias Económicas, Diploma de estudos avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela
Conta, ademais, con formación universitaria en Internacionalización de Empresas e Comercio Internacional; dirección financeira da empresa; e xestión internacional de empresas.
Foi responsable do Departamento Económico-Financeiro da Confederación de Empresarios de Lugo (1994-2002) e desde o 2002 incorporase ao Instituto Galego de Promoción Económica, do que ata a actualidade é subdirectora de Investimento.
Foi membro do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Confederación de Empresarios de Galicia entre 1997 e 2002.