RAQUEL ARIAS RODRÍGUEZ

05
Mar

RAQUEL ARIAS RODRÍGUEZ

(Sober, 1966). Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Foi colaboradora en diversas revistas de ámbito nacional no mundo dos seguros. Redactora de informativos en diversos medios de comunicación en Galicia e responsable do gabinete de prensa do Concello de Monforte de Lemos desde 1996 ata 1999.

En 2009 foi nomeada delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, cargo no que renovou ata o 2016. Entre 1999 e 2009 foi alcaldesa de Sober, cargo que compaxinou co de deputada provincial entre os anos 1999 e 2003 e entre 2007 e 2008 e co de deputada por Lugo no Congreso dos Deputados entre 2008 e 2009. Forma parte do Comité Executivo do PP de Galicia como coordinadora de Medio Rural.

Na X Lexislatura é secretaria da Mesa do Parlamento e voceira do GPP nas áreas de Emigración, de Dinamización Demográfica e na Comisión da CRTVG

Comparte: