DANIEL VEGA

05
Mar

DANIEL VEGA

Técnico agrícola sempre vencellado ao mundo rural, onde hoxe en día exerce a súa profesión na Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA). Con anterioridade traballou nunha cooperativa do sector lácteo na Pastoriza (Lugo).

Foi presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e na actualidade desempeña o labor de secretario de Organización do Partido Popular de Lugo desde o último Congreso Provincial no ano 2016. Tamén é vicepresidente do Comité Executivo do Partido Popular de Ribadeo. Accedeu ao Parlamento en novembro do 2016.

Na X Lexislatura foi presidente da Comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, e voceiro de Gandería do GPP.

Comparte: