JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO

05
Mar

JOSÉ ALBERTO PAZOS COUÑAGO

Naceu en Redondela en 1972, é licenciado en Dereito e cun máster en asesoría xurídica de empresas. Concelleiro do PP en Redondela desde 2007 e deputado provincial polo partido Xudicial de Vigo desde 2011 ata o 2012, en 2013 recibe a acta de deputado no Parlamento de Galicia que deixa para ser Director Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. En maio de 2016 foi elixido coordinador de organización do PP de Galicia.

En novembro de 2016 accede ao Parlamento de Galicia. É voceiro do GPP de Exteriores e Cooperación na Comisión 1ª, Institucional, Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Comparte: